António Ramalho Eanes
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (pt) António dos Santos Ramalho Eanes ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de xaneiro de 1935 ![]() Alcains, Portugal ![]() |
2º Presidente do Partido Renovador Democrático (pt) ![]() | |
19 de outubro de 1986 – 5 de agosto de 1987 | |
16º Presidente de Portugal | |
14 de xullo de 1976 – 9 de marzo de 1986 ← Francisco da Costa Gomes – Mário Soares → | |
![]() | |
Lexislatura: V Legislatura da Terceira República Portuguesa (pt) ![]() Circunscrición electoral: Lisboa | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Educación | Academia Militar Portuguesa ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Política e exército ![]() |
Ocupación | político , revolucionario , militar , soldado ![]() |
Período de actividade | 1952 ![]() |
Partido político | Partido Renovador Democrático (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua portuguesa e lingua inglesa ![]() |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Portugués ![]() |
Rango militar | Tenente Xeneral Comandante Coronel ![]() |
Conflito | Guerra colonial portuguesa ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Maria Manuela Portugal Eanes |
Premios
| |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/92/Antonio_dos_Santos_Ramalho_Eanes_DF-SC-84-10029.jpg/220px-Antonio_dos_Santos_Ramalho_Eanes_DF-SC-84-10029.jpg)
António dos Santos Ramalho Eanes, nado en Castelo Branco o 25 de xaneiro de 1935, é un oficial militar e expolítico portugués. Foi o primeiro presidente da República democraticamente elixido despois da revolución de 1974.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ramalho Eanes naceu en Alcains, concello de Castelo Branco, nunha familia humilde, fillo de Manuel dos Santos Eanes e Maria do Rosário Ramalho. En 1942 entra no Liceu de Castelo Branco. Alístase no exército en 1952, estudando tácticas militares (Escola do Exército, de 1952 a 1956; Curso de Instrución de Operacións Especiais, en 1962; instrutor de Acción Psicolóxica no Instituto de Altos Estudos Militares, en 1962). No exército, Ramalho Eanes segue a rama de Infantaría. Serve na Guerra Colonial onde combateu na India Portuguesa, Macau, Mozambique, Guinea-Bissau e Angola. Despois dunha dilatada carreira militar, Eanes atopábase aínda de servizo en Angola cando se levou a cabo a revolución do 25 de Abril. Adheriuse ao Movimento das Forças Armadas e, xa de regreso en Portugal, foi director de programas e nomeado presidente do consello de administración da RTP, ata marzo de 1975.
En 1975 foi nomeado Xeneral, e dirixiu as operacións militares do 25 de novembro dese mesmo ano, contra a facción máis radical do MFA. En 1976 foi elixido Presidente da República, sendo reelixido a finais de 1980.
Ao final do segundo mandato como presidente da república, en febreiro de 1986, asume pouco despois a presidencia do Partido Renovador Democrático, dimitindo dese cargo en 1987.
Nomeado Xeneral de catro estrelas o 24 de maio de 1978, pasou á reserva, por propia iniciativa, en marzo de 1986. Actualmente é Conselleiro de Estado.
Está casado con Maria Manuela Duarte Neto de Portugal Eanes.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
É Grande Colar da Ordem Militar da Torre e Espada, do Valor, Lealdade e Mérito, cabaleiro da Ordem Militar de Avis e Gran-Cruz da Ordem da Liberdade.
República Portuguesa | ||
---|---|---|
Segue a: Francisco da Costa Gomes |
António Ramalho Eanes | Precede a: Mário Soares |
Presidente da República Portuguesa |