Escolas asociadas á UNESCO
A Rede do Plan de Escolas Asociadas da UNESCO (redPEA) (ASPnet en inglés), comunmente coñecida como Escolas Asociadas da UNESCO, está formada por un conxunto de centros educativos repartidos por todo o mundo. Consta de máis de 8000 centros educativos, entre os cales atopamos escolas parvularias, primarias e secundarias e institutos de formación superior. O principal obxectivo desta organización é o de seguir os principios que marca a UNESCO relacionados entre outros temas coa cultura, a paz, os dereitos humanos, a igualdade entre as persoas e o medio ambiente. A rede PEA que naceu a partir do ano 1953 ten entre os seus fins o achegamento entre alumnos e alumnas procedentes de realidades culturais diversas e axudalos a atopar solucións fronte ás problemáticas do presente século. Para lograr isto, un dos eixos que vertebran este proxecto é a comunicación de experiencias entre o alumnado dos diversos países e a elaboración de proxectos comúns que axuden a mellorar o noso planeta.
Principais temas tratados pola rede PEA
[editar | editar a fonte]Os principais temas tratados son:
- A problemática do noso planeta e as súas posibles solucións, entre as que destaca o rol da ONU para a solución de ditos conflitos.
- Os Dereitos humanos no mundo
- O coñecemento da existencia doutras culturas e outros modos de vida.
- A protección fronte á deterioración do medio ambiente e o consumo de recursos.
Obxectivos da rede PEA
[editar | editar a fonte]- Educar para a paz, para a cooperación e a comprensión internacional, fomentar o coñecemento mutuo.
- Fomentar o entendemento entre as comunidades escolares de diferentes sistemas políticos e culturais.
- Analizar os problemas locais e rexionais dende unha perspectiva internacional de forma que todo o mundo poida achegar posibles solucións.
Características da rede
[editar | editar a fonte]- Fomentar dende a participación a non-violencia, a paz e a democracia empregando como principal ferramenta a educación.
- A propia UNESCO porporciona información sobre os proxectos aos que cada escola está subscrita.
- Editase un boletin da UNESCO, que é unha revista na que se intercambia información sobre os distintos proxectos que constrúen as escolas.
- A interrelación entre centros de diversas localides e países, onde se fomenta a comunicación e a irmandade entre eles.
Escolas galegas da rede de Escolas UNESCO
[editar | editar a fonte]Parvularios
[editar | editar a fonte]- EEI Os Campos (Pontevedra)
- EEI do CEIP Illa Verde (Lugo)
Escolas primarias
[editar | editar a fonte]- CEIP Marcos da Portela (Pontevedra)
- CEIP Campolongo (Pontevedra)[1]
- CEIP Praia Xardín (Boiro)
- CEIP Conmeniño (O Grove)
- CEIP Froebel (Pontevedra)[2]
- CEIP Manuel Vidal Portela (Pontevedra)
- CEIP Pontesampaio (Pontevedra)
- CEIP Profesor Manuel Luis Acuña (Ourense)
Educación Secundaria
[editar | editar a fonte]- IES Illa de Ons (Bueu)[3]
- IES Luis Seoane (Pontevedra)[4]
- IES Pazo da Mercé (As Neves)[5]
- IES Pedra da Auga (Ponteareas)[6]
Proxectos UNESCO nos que participan escolas galegas
[editar | editar a fonte]As escolas galegas partipan en varios proxectos xunto con outras de distintos países, entre eles podemos destacar os seguintes:
- Rompendo o silencio: este proxecto céntrase na traxedia que supuso para o noso mundo a "trata de escravos" e dalgún xeito está a continuar na actualidade coas máis recentes formas de escravitude. Os centros subscritos a este proxecto son o IES Luis Seoane-Pontevedra e o IES Pedra da Auga-Ponteareas e nel participan escolas da Rede PEA de África, América, o Caribe e Europa.
- O proxecto Atlántico: é un "proxecto Faro" da UNESCO no que participan escolas de varias partes do mundo como galegas, portuguesas, caboverdianas, andaluzas e brasileiras. O obxectivo deste proxecto é facer un estudo das características naturais e ambientais da área atlántica, e adquirir o compromiso na defensa do seu patrimonio natural, detectando os problemas e propoñendo posibles solucións fronte a problemáticas como a medioambiental. A maioría dos centros da rede galega están subscritos a este proxecto.
- O Patrimonio nas mans das e dos mozos": E outro proxecto internacional que ten como obxectivo a promoción e preservación do patrimonio mundial natural e cultural. Tamén participan bastantes escolas da rede galega.
- Comunicación Internacional con Acenos Universais:Comunicación entre mozos e mozas de tódolos países do mundo. Cada un deles fala na súa propia lingua, acompañada de acenos universais (GESTUNO). Así poden entenderse persoas de calquera país.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CEIP Campolongo
- ↑ CEIP Froebel
- ↑ IES Illa de Ons
- ↑ "IES Luis Seoane". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2017. Consultado o 14 de febreiro de 2020.
- ↑ IES Pazo da Mercé
- ↑ IES Pedra da Auga