Primeira República Galega
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Santiago de Compostela | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua galega | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 27 de xuño de 1931 | ||||
Disolución | 28 de xuño de 1931 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
• Xefe do goberno | Antón Alonso Ríos | ||||
A Primeira República Galega foi unha pasaxe efémera da historia de Galiza que durou unhas horas e tivo lugar exactamente no transcurso do 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, cando activistas composteláns como Pedro Campos Couceiro ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]Unha primeira proclamación tivo lugar en Ourense na madrugada do 25 de xuño de 1931, ao remate dunha manifestación en protesta pola paralización das obras da vía férrea A Coruña-Ourense-Zamora, na que se acabou ocupando a Casa do Concello, dende a cal se ergueu unha bandeira de Galicia e se proclamou publicamente a República Galega.[1][2][3][4] Así a todo, o gobernador civil da provincia de Ourense e o Ministro da Gobernación Miguel Maura negaron oficialmente ante a prensa que se producise a devandita proclamación.[5][6][7][8]
Proclamación en Santiago
[editar | editar a fonte]No pleno municipal do día anterior, a proposta da creación inmediata dun Estado Galego á semellanza do que pasara en Cataluña fora posta sobre a mesa, e contaba co apoio dos obreiros composteláns. Ao rematar o mitin o concello compostelán é asaltado, dimitindo inmediatamente todas as autoridades, e sendo Alonso Ríos, que exercía practicamente como o presidente provisorio de Galiza, presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega. Finalmente, a falta de seguimento da proclamación noutras comarcas, logrou o cesamento da Xunta Revolucionaria en poucas horas.Asociación Cultural Foucelhas[9]
O contexto no que se enmarca esta declaración é tenso, coa recente vitoria republicana e a fuxida do rei español Afonso XIII. Así, a declaración dun Estado Galego veu propiciada por un ambiente de malestar xerado polo caciquismo imperante e mais pola paralización das obras do ferrocarril[10], deixando sen traballo a 12.000 obreiros. Con todo e iso, en verdade soamente se debe entender esta declaración de independencia como unha proclama sen efectos reais.
A actitude morna e submisa de ORGA e Casares Quiroga, xa integrada en Izquierda Republicana, arrefriaran este empurrón inicial tan necesario e importante, pra acadar un estatuto galego e unha república federal. A unidade dos grupos nacionalistas no Partido Galeguista permitiran darlle un novo pulo á problemática nacional galega, que o levantamento militar afogará en sangue máis unha vez.Alonso Ríos, a paixón por Galiza, por Manuel Mera.[11]
Ese 27 de xuño de 1931, Alonso Ríos é nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega.[12] Así, pode falarse desta declaración de independencia como un dos primeiros exemplos reais de soberanía nacional unha vez integrada plenamente Galiza na coroa castelá.
Movemento social
[editar | editar a fonte]Foi Alonso Ríos, nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega, e unha multitude quen avanzou en forma de protesta, cara ao Pazo de Raxoi, e tomou as dependencias municipais, establecendo o Estado Galego. En Pobra de Seabra celebrouse unha manifestación que recorreu todas as rúas dirixíndose cara ao casa consistorial, onde izaron a bandeira galega. En Santiago de Compostela, os afectos á causa esperaban a insurrección das demais comarcas, pero o goberno central retomou a obra do ferrocarril, evitando que a insurrección se expandise. O movemento, perdeu forza e a I República Galega chegou así ao seu fin.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Se organiza una manifestación. Se proclama la República Gallega". El Pueblo Gallego nº 2.254 (en castelán). 26 de xuño de 1931. p. 1. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 16 de outubro de 2014.
- ↑ "En Orense se declara la República Gallega". El Regional nº 17.127 (en castelán). 25 de xuño de 1931. p. 3.
- ↑ "Última Hora: A Madrid llega la noticia de haberse proclamado la República Gallega en Orense". La Zarpa nº 3.062 (en castelán). 25 de xuño de 1931. p. 12.
- ↑ "El bello gesto de Galicia". El Emigrado nº 378 (en castelán). 7 de xullo de 1931. p. 1.
- ↑ "No se proclamó la República Gallega en Orense". El Progreso nº 11.205 (en castelán). 26 de xuño de 1931. p. 2. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 16 de outubro de 2014.
- ↑ "Del Gobierno Civil. No se proclamó la República Gallega". El Pueblo Gallego nº 2.254 (en castelán). 26 de xuño de 1931. p. 10. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 16 de outubro de 2014.
- ↑ "Habla el señor Maura del ferrocarril Zamora Orense". El Regional nº 17.128 (en castelán). 26 de xuño de 1931. p. 3.
- ↑ "El ferrocarril Zamora-Orense. Maura cree que el conflicto será resuelto pronto y favorablemente". El Pueblo Gallego nº 2.254 (en castelán). 26 de xuño de 1931. p. 5. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 16 de outubro de 2014.
- ↑ Cerceda revivirá o aniversario da República Galega, nova aparecida en Galicia Confidencial o 18 de xuño de 2010.
- ↑ Cando Galicia foi unha república independente, artigo de Lois Pérez Leira publicado o 27 de xuño de 2016 en Historiadegalicia.gal.
- ↑ Artigo de opinión en GZnacion.com, aparecido o 28 de agosto de 2009.
- ↑ Xornal Pueblo Gallego (28-06-1931), p. 4.
- ↑ Lo que no te contaron en clase: I República Galega (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- VV.AA. (2010): República Galega: umha aproximaçom histórica. A.C. Lucerna / A Revoltaina Cultural da Beira de Bergantinhos / A.C. Foucelhas / A Gentalha do Pichel / GalizaLivre.org / Escola Popular Galega / Editorial Corsárias.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Alonso Ríos
- II República Española
- Independentismo
- Independentismo galego
- República Soviética Independente de Galicia
- República Federal da Illa de Arousa
- República Independente de Donís
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A proclamación da República Galega en xuño de 1931. - FesgaTV
- Artigo en El Pueblo Gallego, dixitalizado en Galiciana: xornal do 28 de xulo de 1931 (páxina 4).
- 79 anos despois Arquivado 11 de xullo de 2011 en Wayback Machine., artigo aparecido no xornal Galicia Hoxe o 20 de xuño de 2010.
- 27 de xuño de 1931: Proclámase a República Galega, Vieiros, 22 de xuño de 2010.
- Unas horas de República Gallega no xornal El País o 27 de xuño de 2010. (en castelán)
- Web dedicado á historia e actualidade da República Galega Arquivado 05 de xuño de 2014 en Wayback Machine.
- A República Galega: unha historia non oficial, documental de Lois Pérez Leira (2010).