Revista Galaica (Buenos Aires)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Revista Galaica.
Revista Galaica | |
---|---|
País | Arxentina |
Lugar | Buenos Aires |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1879 |
Primeira edición | 1879 |
Última edición | 1880 |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Revista Galaica foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1879 e 1880.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Revista decenal, apareceu o 10 de outubro de 1879, editada polo Centro Gallego de Buenos Aires, e funcionou como voceiro desta sociedade. Foi unha das primeiras publicacións creadas por galegos en Hispanoamérica. O seu fundador foi Manuel Vázquez Castro e estaba dirixida por Eduardo Caamaño. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Barros (pseudónimo de Manuel Vázquez Castro), Joaquín Castro Arias, Francisco González e T. A. Puig. Mantivo fortes polémicas con El Gallego. Deixou de editarse o 10 de xuño de 1880.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Revista Galaica". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Revista Galaica". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 175. ISBN 84-87172-30-X.