Rexión Etiópica
A rexión Etiópica, tamén chamada rexión afrotropical e ecozona afrotropical, é unha das oito ecozonas ou rexións bioxeográficas terrestres.
Comprende a África subsahariana, Madagascar, as illas do océano Índico occidental, e se estende até o sur da península Arábiga.
A súa orixe remóntase até hai uns 100 millóns de anos, cando África foi o primeiro continente en separarse da masa de terra ou supercontinente de Gondwana. Porén, este illamento foi só parcial, pois as especies aínda podían moverse cara a Suramérica polo oeste cara a Europa polo norte.
Hoxe en día esta ecozona é popular grazas aos seus leóns (Panthera leo), ás dúas especies de rinocerontes (Ceratotherium simun e Diceros bicornis), o guepardo (Acinonyx jubatus), a xirafa (giraffa camelopardalis), as diferentes especies de cebras (Equus quagga, E. grevyi e E. zebra), os licaóns (Lycaon pictus) e outras. Pero ningún destes grupos apareceron en África, e todos eles, salvo a familia dos xiráfidos, son inmigrantes que proceden doutras ecozonas, nin superan os 10 millóns de anos de antigüidade nesta.
En cambio, si hai un grupo que pode considerarse auténtico de aquí: o dos afroterios, ao que pertencen os tenrecs, as toupas douradas, as musarañas elefante, o porco formigueiro (Orycteropus afer), os damáns, os sirenios, os proboscídeos e os membros extintos (embritópodos e desmóstilos).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |