Saltar ao contido

Rexións de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rexións administrativas francesas»)


Desde o 1 de xaneiro de 2016 Francia está dividida en 18 rexións administrativas, das que 13 se achan na Francia metropolitana (12 régions de France métropolitaine, ás que se engade Córsega, que non ten a denominación de rexión pero exerce competencias similares),[1] e 5 son rexións de alén mar.[2]

Porén a división administrativa realmente importante dende o punto de vista organizativo é a dos departamentos, divisións interiores das rexións.

A administración francesa entende que as rexións son unha zona xeográfica definida ligadas a unha identidade cultural ou social.

As rexións francesas non teñen ningunha capacidade de autonomía, non poden promulgar leis nin teñen capacidade recadatoria propia. Limítanse unicamente a administrar un orzamento que lles concede o estado e que se dirixe fundamentalmente a obras públicas de pequeno investimento, servizos sociais e eventos culturais.

Só unha destas rexións francesas, Córsega, desenvolveu institucións de autogoberno limitadas baixo o nome de colectividade territorial.

Polo demais, cada rexión ten o seu consello rexional, elixido a partir das eleccións municipais, que escolle, á súa vez, un presidente rexional.

Rexións da Francia metropolitana

[editar | editar a fonte]

Desde o día 1 de xaneiro de 2016, a Francia metropolitana divídese nas seguintes 13 rexións:[2]

  1. Altos de Francia (Hauts-de-France). Engloba as antigas rexións de Norte-Paso de Calais e Picardía.
  2. Auvernia-Ródano-Alpes (Auvergne-Rhône-Alpes)
  3. Borgoña-Franco Condado (Bourgogne-Franche-Comté)
  4. Bretaña (Bretagne)
  5. Centro-Val de Loira (Centre-Val de Loire)
  6. Córsega (Corse)
  7. Gran Leste (Grand Est). Reúne as antigas rexións de Alsacia, Champaña-Ardenas e Lorena.
  8. Illa de Francia (Ille-de-France)
  9. Normandía (Normandie)
  10. Nova Aquitania (Nouvelle-Aquitanie). Agrupa as antigas rexións de Aquitania, Lemosín e Poitou-Charentes.
  11. Occitania (Occitanie). Comprende as antigas rexións de Languedoc-Rosellón e Mediodía-Pireneos.
  12. País do Loira (Pays de la Loire)
  13. Provenza-Alpes-Costa Azul (Provence-Alpes-Côte d'Azur)

Rexións de alén mar

[editar | editar a fonte]

Ademais das rexións da Francia metropolitana, o territorio da República francesa comprende tamén catro rexións de alén mar (régions françaises d'outre-mer) que, ao mesmo tempo, constitúen cadanseu departamento:

  1. Guadalupe (Guadeloupe)
  2. Guyane (Guyane), antiga Güiana francesa)
  3. Martinica (Martinique)
  4. Reunión (La Réunion)
  5. Mayotte (Mayotte) Mayotte pasou do estatuto de collectivité départementale (colectividade depeatamental) ao de departmento e rexión de alén mar en 2011.[4]


Mapas das rexións francesas de alén mar

Lista das antigas rexións de Francia, até 2015

[editar | editar a fonte]

Até o 31 de decembro de 2015 a Francia metropolitana contaba coas seguintes 22 rexións administrativas:

1. Alsacia
2. Aquitania
3. Auvernia
4. Baixa Normandía
5. Borgoña
6. Bretaña
7. Centro
8. Champaña Ardenas
9. Córsega
10. Franco Condado
11. Alta Normandía

12. Illa de Francia
13. Languedoc-Rosellón
14. Lemosín
15. Lorena
16. Mediodía-Pireneos
17. Norte-Paso de Calais
18. País do Loira
19. Picardía
20. Poitou-Charentes
21. Provenza-Alpes-Costa Azul
22. Ródano-Alpes

  1. "Réforme territoriale. 12 ou 13: combien de régions métropolitaines?. En Service Public, Francia.
  2. 2,0 2,1 "Les députés adoptent le projet de loi de réforme territoriale" Le Monde, 23-07-2014.
  3. Estes mapas mostran os límites dos actuais departamentos e, en cores, as provincias e estados que existían nos territorios no século XVIII.
  4. "Mayotte accède à son statut de département" Le Monde, 31-03-2011.