Ricardo Frade
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1877 Touro, España |
Morte | 29 de xullo de 1940 (62/63 anos) Santiago de Compostela, España |
Relixión | Católica |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Familia | |
Cónxuxe | María Peña Pita |
Fillos | Ricardo Higinio, Concha, José, Rafael, Daniel e María Esther (Maruxa) Frade Peña |
Descrito pola fonte | Diccionario bio-bibliográfico de escritores Diccionario de escritores en lingua galega Diccionario da literatura galega |
Ricardo Frade Giráldez, nado en Touro en 1877 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1940, foi un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Cayetano Frade Rial e Antonia Giráldez Pérez. Poeta, narrador e dramaturgo. A súa obra está vinculada ao Movemento Dramático Rexional, que apostaba pola recreación da Galicia rural. Colaborou na Revista Gallega onde publicou un poema e unha narración breve en castelán[1] e na revista Nós. Foi coñecido polas súas obras teatrais, cualificadas como costumistas, nas que aparece tamén o caciquismo. En 1936 participou na creación da Asociación de Escritores de Galicia.[2][3] Finou en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1940.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]- ¿Te acuerdas...?, 1901 (Prosa e verso en castelán).[5][6]
- O Tempo..., 1901 (Poesía).[7]
- O rei da carballeira, 1917 (Teatro comedia, inicialmente en dous actos.[8], estrea no Círculo Mercantil de Santiago o 6/01/1918; en unha 2ª edición en tres actos de 1932).[9]
- Rosiña, 1918 (teatro monólogo, estreada no Círculo Mercantil de Santiago o 06/01/918).[10][11]
- ¡Vaites... vaites!, 1918 (Teatro)[12] (estrea 18/04/1918 Teatro Principal de Santiago por "Cativezas"). Finalista no concurso das Irmandades da Fala de Betanzos, o primeiro premio queda deserto por diferenzas no xurado.[13][14] Radiarase[15][16][17] en EAJ-4 Unión Radio Galicia en 1933 co seu amigo "O Vello dos Contos" e Antón Fraguas.
- Morriña, 1919 (Poesía lida nas vodas de prata do Círculo Mercantil e Industrial de Santiago 23 de abril de 1919).[18]
- A Copla, 1923, (Teatro). Estrea no Salón Teatro de Santiago o 12/01/1923.[19]
- Conto D' Amores, 1927 (Poesía).[20]
- Cousas de Estudiantins , 1933 (conto).[21]
- Vidas Silvestres, 1933 (conto).[22]
- ¡Recordemos!: (pra tí soia i-en segredos..), 1935 (Poesía publicada en Nós).[23]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1885 con María Peña Pita e foron pais de Ricardo Higinio (1907-2000), Concha (n. 1910), José (1912-1940), Rafael (1914-1936), Daniel (1916-1917) e María Esther (Maruxa) Frade Peña (n. 1922).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Comedia costumista de Ricardo Frade". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Galiciana: Biblioteca Dixital de Galicia". biblioteca.galiciana.gal. Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo. 2011-06-06. Consultado o 2021-03-27.
- ↑ "Se crea la Asociación de Escritores de Galicia, y celebra su primera asamblea en Santiago". El pueblo gallego : rotativo de la mañana (3918). 31/03/1936. p. 16. Consultado o 21/06/2023.
- ↑ Necrolóxica en El Compostelano, 30-7-1940, p. 2.
- ↑ "Revista Gallega Nº 346 1901". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ "Revista Gallega Nº 347 1901". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ "Revista Gallega Nº 352 1901". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ El Eco de Santiago : diario independiente: Año XXII Número 9294 - 1917 Septiembre 14.
- ↑ Frade Giráldez, Ricardo (m 1939) (1932). O rey d'a carballeira. [s.n.]
- ↑ Tato-Fontaiña, Laura. O teatro Galego e os coros populares 1915-1931.
- ↑ "Biblioteca Virtual de Prensa Histórica > Búsqueda › El Eco de Santiago : diario independiente: Año XXIII...". prensahistorica.mcu.es. Consultado o 2021-03-24.
- ↑ Frade Giráldez, Ricardo (m 1939) (1925). ¡Vaites-- Vaites-- ! :. [s.n.]
- ↑ "ver pax 126". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2021. Consultado o 22 de marzo de 2021.
- ↑ El Progreso : diario liberal: Año XIV Número 4033 - 1921 enero 26. [S.l.: s.n.] 1921-01-26.
- ↑ "Fundación Fraguas- Emisions Unión Radio Galicia". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2021. Consultado o 22 de marzo de 2021.
- ↑ "Os primeiros pasos de Radio Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de agosto de 2019. Consultado o 22 de marzo de 2021.
- ↑ "PRIMEIROS PASOS DO GALEGO NA RADIODIFUSION (1933-1936) A PRIMEIRA RADIO GALEGA Victor F. Freixanes USC" (PDF).
- ↑ Morriña de Ricardo Frade Giráldez.
- ↑ El Eco de Santiago : diario independiente: Año XXVIII Número 11363 - 1923 Enero 13.
- ↑ El Compostelano : diario independiente: Ano VIII Número 2089 - 1927 marzo 28.
- ↑ El Compostelano: diario independiente: Ano XIV Número 3855 - 1933 marzo 25.
- ↑ El Compostelano: diario independiente: Ano XIV Número 3923 - 1933 xuño 19.
- ↑ "Nós, Boletín Mensual da Cultura Galega. -- Ano XVII, T. VI (1935), n, 139-144 ; p. 158-159".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1952). "Frade Giráldez, Ricardo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 97.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 580. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Rafael Frade Peña (fillo)