Roi Casal
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Roi Casal Figueira 1980 (44/45 anos) Catoira, España |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, arpista, artista discográfico |
Período de actividade | 2000 - |
Membro de | Milladoiro (2000–2009) |
Xénero artístico | Música tradicional galega, música pop e música latina |
Instrumento | Arpa, voz e zanfona |
Sitio web | roicasal.com |
Roi Casal Figueira, nado en 1980 en Catoira, é un músico, cantante e compositor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formou parte do grupo galego Milladoiro como harpista dende 2000 até 2009. Publicou o seu primeiro álbum en solitario, Lendas Douradas, en novembro de 2008. Nel céntrase na música tradicional dende unha perspectiva pop. Son destacábeis as letras de Rosalía de Castro e de Manuel María e do propio artista en varias cancións.
En 2011 publicou Maxicamente vello, no que realiza unha interpretación da música galega dende unha visión contemporánea.[1] Con este disco realizou unha xira de máis de 50 concertos por todo o estado español e recibiu numerosos recoñecementos, entre os que destaca o Premio Internacional Cubadisco recibido na Habana en 2014.[2] En 2014 publicou Donos do noso destino, co que emprendeu unha xira internacional por Suíza, Uruguai, a Arxentina e Cuba.[3] Ese mesmo ano recibiu o Premio Bo e Xeneroso por parte da Fundación Eduardo Pondal.[4]
Tamén en 2014 varios temas da súa discografía foron seleccionados para formar parte das bandas sonoras das series da TVG Caseiros[5] e Pazo de Familia.[6]
En 2016 publicou Son galego, Son cubano, froito do traballo conxunto durante case 2 anos con Xosé Neira Vilas. Estreouse no Gran Teatro da Habana (antigo Palacio do Centro Galego) con 2 funcións o 27 e 28 de maio de 2016[7] para continuar cunha xira por Galicia. No disco, con 12 temas e outro extra, Casal puxo música ás letras de Neira Vilas. Contou coas colaboracións de Pablo Milanés e Laritza Bacallao e incluíu o documental A Illa dos Galegos, dirixido pola cineasta cubana Natasha Vázquez.[8][9]
Discografía
[editar | editar a fonte]- Lendas douradas (2008)
- Maxicamente Vello (2011)
- Donos no noso destino (2014)
- Son galego, Son cubano (2016)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Roi Casal presenta en Lugo o seu novo disco Máxicamente vello". El Correo Gallego. 9 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2019. Consultado o 28 de agosto de 2019.
- ↑ "Roi Casal recibe el Premio Internacional Cubadisco". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de maio de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2019.
- ↑ "Roi Casal trae este viernes a O Porriño su espectáculo "Son galego, Son cubano"" (en castelán). 22 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2019. Consultado o 28 de agosto de 2019.
- ↑ "O Couto exalta ós Bos e Xenerosos". La Voz de Galicia. 28 de novembro de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2019.
- ↑ Videoclip de Roi Casal para a serie "Caseiros" (Youtube).
- ↑ Banda Sonora de "Pazo de Familia" (Youtube).
- ↑ "Roi Casal presentó el disco 'Son galego, Son cubano' en La Habana" (en castelán). 1 de xuño de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2019.
- ↑ "Músico gallego Roi Casal presentará nuevo disco en Cuba junto a Pablo Milanés". La Vanguardia (en castelán). 25 de maio de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2019.
- ↑ "Román Rodríguez destaca que el disco 'Son galego, son cubano' narra la emigración "a través de una de las figuras que mejor la conoció: Neira Vilas"" (en castelán). 16 de xuño de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- SongalegoSoncubano.com
- Roi Casal en Alalá, TVG, 2011.