SEDSAT 1
SEDSAT 1 | |
---|---|
Organización | Universidade de Alabama |
Data de lanzamento | 24 de outubro de 1998[1][2] |
Foguete portador | Delta 7326[2][3] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 17A[2][4] |
Obxectivo da misión | Demostracións tecnolóxicas[2][4] |
NSSDC ID | 1998-061B |
Masa | 36,0 kg[2][3][4] |
Dimensións | Forma de caixa de 32,13 x 32,13 x 35,43 cm[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7168 km[1] |
Inclinación | 31,4 graos[1] |
Apoapse | 1046,5 km[1] |
Periapse | 549,4 km[1] |
SEDSAT (acrónimo de Students for the Exploration & Development of Space - Satellite 1) é un satélite artificial da Universidade de Alabama lanzado o 24 de outubro de 1998 mediante un foguete Delta 7326 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida, no mesmo voo que a sonda Deep Space 1.[2][3]
Características
[editar | editar a fonte]SEDSAT cae na categoría de microsatélite pola súa baixa masa, de só 34 kg. Foi deseñado como un satélite experimental para sacar fotos da Terra e distribuilas a través de Internet e para funcionar como ligazón para radiocomunicacións afeccionadas.[2][3]
A nave tiña forma de caixa de 32,13 x 32,13 x 35,43 cm e orixinalmente debía ser lanzada mediante un sistema de cable desde un transbordador espacial pero debido a cuestións de seguridade decidiuse lanzalo como carga secundaria desde un Delta 7326.[2][3]
O satélite tivo problemas co seu sistema de enerxía desde a súa entrada en órbita, e nin a cámara de a bordo nin o sistema de radiocomunicacións afeccionadas chegaron a funcionar nunca, con tan só o sistema de telemetría dando sinais de vida.[2][3]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SEDSAT 1" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "SEDSAT 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "SEDSat 1 (SO 33, SEDSat-OSCAR 33)" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2017). "SEDSAT" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2017.