Space Tracking and Surveillance System
Space Tracking and Surveillance System, coñecidos tamén pola súa sigla de STSS, e anteriormente coñecidos como SBIRS-Low, foron dous satélites de alerta temperá dos Estados Unidos compoñentes na órbita baixa do programa SBIRS-High.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]STSS, xunto co resto de compoñentes de SBIRS-High, sustituían ao Defense Support Program de alerta temperá de lanzamento de mísiles balísticos intercontinentais. Dispoñían de sensores no espectro visible e infravermello para a detección e seguimento de mísiles balísticos en calquera fase do voo, para o cal dispoñían dun instrumento específico para detección e outro separado para seguimento. Os dous satélites STSS, contruídos por Northrop Grumman Space Technology, cada un cunha masa duns 1000 kg e alimentados por paneis solares, foron lanzados mediante un foguete Delta 7920 o 25 de setembro de 2009. Estaban en órbitas duns 1300 km de altura e 58° de inclinación orbital. Foron retirados do servizo a finais de 2021 debido a que xa non tiñan combustible para manter a súa misión e a que foron substituídos por satélites máis avanzados.[1][2]