Saltar ao contido

Club Sal Lence

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sal Lence Coruña»)
Club Sal Lence
Fundación1984
PresidenteVíctor Siero

O Club Sal Lence de La Coruña de Fútbol Sala foi un club de futsal feminino da cidade da Coruña, campión da Primeira División de Mulleres de fútbol sala e Copa da Raíña nos anos 90.[1]

Foi fundado en 1984 por Víctor Siero no colexio Sal Lence do barrio coruñés dos Castros.[2] Formado por xogadoras coruñesas e dirixido por Manuel del Castillo, foi o primeiro club feminino que rexistrou o seu nome na lista da Real Federación Española de Fútbol.[3] Nos seus primeiros anos comezou a gañar competicións locais e rexionais e a partir de 1987 comezou a participar en torneos nacionais como a liga nacional e a copa antes de que estas fosen organizadas pola RFEF. Logrou os seus maiores éxitos entre 1994 e 1997, cando conquistou as dúas primeiras edicións da Primeira División, así como dúas das tres primeiras Copas da Raíña.[3]

A partir de 1999 comezou o seu declive, con senllos descensos á liga rexional e logo á provincial, o que provocou en 2005 a fusión do club co Viaxes Amarelle FSF, un equipo da localidade de Santa Comba.[4] Trala fusión, o club perdeu o seu nome e o Viajes Amarelle FSF cambiou a súa sede á Coruña, xogando os seus partidos na cidade.[5]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  • Subcampión da Copa de España das tempadas 1989-1990 e 1990-1991.
  • Campión da Copa de España da tempada 1991-1992.
  • Subcampión da liga Nacional División de honra das tempadas 1990-1991 e 1991-1992.
  • Campión da liga Nacional División de honra da tempada 1992-1993.
  • Campión da Copa Ibérica das tempadas 1993-1994 e 1995-1996.
  • Campión da Primeira División feminina de fútbol sala das tempadas 1994-1995 e 1995-1996.
  • Campión de Copa da Raíña de fútbol sala feminino da tempada 1995-1996.
  • Campión do trofeo internacional SuperBowl das tempadas 1996-1997 e 1997-1998.

Selección española

[editar | editar a fonte]

Tres xogadoras do club -Ana Silva, Beatriz Seijas e María Varela- formaron parte da primeira selección española feminina de fútbol sala, selección que xogou o seu primeiro partido o 29 de decembro de 1990 en Narón, cunha vitoria por 4-1 contra Portugal.[6][7] Nuria e Celia Iglesias tamén foron internacionais.[1]

  1. 1,0 1,1 "Coruñesas y pioneras" (en castelán). Consultado o 2021-04-23. 
  2. EllasTambiénJuegan (2012-06-06). "El Sal-Lence, un palmarés envidiable en el cinco contra cinco". Consultado o 2021-04-23. 
  3. 3,0 3,1 "«El mejor equipo de la historia»" (en castelán). 2016-11-07. Consultado o 2021-04-23. 
  4. "Ellas son el deporte de élite coruñés" (en castelán). 2018-09-13. Consultado o 2021-04-23. 
  5. "Nuestro club" (en castelán). Consultado o 2021-04-23. 
  6. "Pioneras del fútbol sala femenino" (en castelán). 2021-03-07. Consultado o 2021-04-23. 
  7. "PIONERAS | Así nació la Selección Española Femenina de Fútbol Sala" (en castelán). 2021-03-08. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-23.