Salud Torres
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 Ourense, España |
Morte | 29 de outubro de 1937 (24/25 anos) Mosteiro de Ribeira, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, política |
Familia | |
Irmáns | Silvio Torres Díaz |
Salud Torres Díaz, nada en Ourense en 1912 e finada en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) o 29 de outubro de 1937, foi unha sindicalista e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Delegada da UGT e militante do PCE, participou no mitin do Partido celebrado no Teatro Principal en abril de 1934.[1] Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detida xunto co seu irmán Silvio, acusados de repartir panfletos incitando aos soldados á rebelión,[2] e sometida a consello de guerra.[3]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida. Internada no cárcere de Celanova de onde foi sacada para ser asasinada en Mosteiro de Ribeira o 29 de outubro de 1937 canda María del Valle Lozano. Destrozárolle o cerebro ao ser fusilada. O seu cadáver foi atopado en Lomba de Lamas e trasladado ao cemiterio nun carro polos veciños.[4]
En xullo de 2019 a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica iniciou a recuperación dos seus restos.[5]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Claudio Rodríguez Fer escribu o poema “O terror en carro de vacas” que rememora os asasinatos de María e Salud.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 11-4-1934, p. 12.
- ↑ Galicia, 21-10-1934, p. 1.
- ↑ El Compostelano, 22-10-1934, p. 2.
- ↑ Marcos Pérez Pena (11 de abril de 2019). "Na procura dos restos das 'Mártires de Xinzo de Limia' asasinadas en 1937". Praza Pública. Consultado o 12 de abril de 2019.
- ↑ Inician a exhumación de dúas mulleres galegas asasinadas pola ditadura franquista