Saltar ao contido

Salustio Alvarado Somoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Salustio Víctor Alvarado y Somoza»)
Modelo:BiografíaSalustio Alvarado Somoza

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1836 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de febreiro de 1886 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJuan Alvarado Albo Editar o valor en Wikidata
ParentesSalustio Alvarado Fernández, avó Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Galega Universal
Diccionario bio-bibliográfico de escritores
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata

Salustio Víctor Alvarado Somoza, nado na Casa Grande de Sarria (Lugo) o 28 de febreiro de 1836 e finado en Valladolid o 23 de febreiro de 1886, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Juan de Mata Alvarado Núñez,[a] Alcalde Maior de Sarria en 1834, e de Juana Somoza Saavedra, que morreu no parto. Salustio Víctor participou no Liceo de la Juventud compostelán, fundado en 1847, e no Banquete de Conxo (1856). Colaborou co Ateneo Científico, Literario y Artístico de La Coruña e participou nos Xogos florais da Coruña de 1861 co premiado discurso "Necesidad de escribir la historia filosófica de Galicia desde los tiempos más remotos hasta nuestros días, y su utilidad para el porvenir", incluído no Álbum de la Caridad.[1] Colaborou no Boletín Judicial de Galicia.

Foi avogado na Coruña e notario de Viveiro en 1866. Coa Revolución Gloriosa foi nomeado alcalde de Viveiro. Foi candidato a deputado polo distrito de Viveiro nas eleccións de 1871 pero no foi elixido, tampouco nas eleccións de 1872, sendo finalmente elixido deputado nas eleccións de 1873. Ocupou cargos en Fomento e foi gobernador civil de Lugo e Zaragoza. Coa fin da Primeira República regresou a Viveiro dedicouse á avogacía e tamén en Mondoñedo, Vilalba e Ortigueira; tamén foi rexistrador da propiedade. En abril de 1880 suscribiu o manifesto do Partido Progresista Democrático.[2] En 1881 foi concelleiro de Viveiro e deputado provincial ata o seu nomeamento como fiscal de Valladolid en 1884. Morreu sendo fiscal en Valladolid o 23 de febreiro de 1886.

"Necesidad de escribir la historia filosófica de Galicia desde los tiempos más remotos hasta nuestros días…", discurso premiado, incluído no Álbum de la Caridad de 1861.[1]

Amigo do matrimonio formado por José Quiroga Pérez de Deza e Emilia Pardo Bazán, Salustio Víctor aparece reflectido na novela da escritora La piedra angular (1891) baixo o personaxe de Lucio Febrero.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1864 en Viveiro con María del Carmen Albo González (1830-1890) e foi pai de cinco fillos: Juan,[3] Francisco, Soledad, Ángeles e Ventura Alvarado Albo.[4]

  1. Famoso no seu tempo por levar o proceso xudicial contra Manuel Blanco Romasanta.
Referencias

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]