Vitorio
Aparencia
(Redirección desde «San Vitorio»)
Vitorio[1], ou tamén Vitoiro[1], é un santo catacumbal e mártir venerado en Galicia.[2] Descoñécense moitos datos da súa vida.
Historia
[editar | editar a fonte]Ao igual que outros santos como san Campio ou santa Minia, san Vitoiro é un dos santos catacumbais incorporados ao culto durante o século XVIII en Galicia. Descoñécense moitos datos da súa traxectoria. As súa reliquias dooullas o papa Pío VI ao cardeal Celada en 1789. Trouxéronse polo mar dende Cádiz ata a Coruña. Logo, depositáronse solemnemente na capela das Reliquias da catedral de Santiago. É padroeiro de varias parroquias.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vitorio
- Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vitoiro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-02.
- ↑ Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo.