Saltar ao contido

Xoán de Deus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «San Xoán de Deus»)
Modelo:BiografíaXoán de Deus

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) João Cidade Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1495 Editar o valor en Wikidata
Montemor-o-Novo, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte8 de marzo de 1550 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Granada, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGranada Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica e catolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenfermeiro, libreiro, Mercenario, pastor Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaFundação São João de Deus (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa8 de marzo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX983596

Xoán de Deus, nado en Montemor Portugal o 8 de marzo 1495 (algúns consideran que foi en Toledo) e finado o 5 de marzo de 1550, foi o inspirador da Orde dos irmáns hospitalarios.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi pastor, soldado nos exércitos de Carlos V e vendedor ambulante de libros. A predicación de Xoán de Ávila provocou nel unha súpeta conversión, entregou todos os seus bens aos pobres e, como penitencia, fíxose o tolo ata o punto de que foi internado nun manicomio onde foi torturado e vexado. Alí instaba aos coidadores a que tiveran maior suavidade cos enfermos mentais.

Xoán de Ávila conminoulle a que deixara esa penitencia. Unha vez liberado, adicou a súa vida ao coidado de enfermos, nenos da rúa, anciáns abandonados e prostitutas, aínda que a súa dedicación especial foi aos enfermos mentais, aplicando métodos de trato humano e comprensión que tiveron moito éxito.

Enfermo de artrite, a súa doenza agravouse debido a que, nunha ocasión, botouse ás augas xeadas do río para salvar a vida dun colaborador. Enfermo e impedido, morreu aos 55 anos de idade.

Significación

[editar | editar a fonte]

Foi beatificado en 1630 por Urbano VIII e canonizado en 1691 por Alexandre VIII. Está considerado pola Igrexa Católica patrón dos enfermos mentais e dos enfermeiros e da cidade de Granada. Os seus seguidores fundaron a Orde dos irmáns hospitalarios que leva o seu nome e está presente nos cinco continentes.