Rosalía de Palermo
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1130 ![]() Palermo, Italia ![]() |
Morte | 4 de setembro de 1170 ![]() Palermo, Italia ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | ermitá ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 4 de setembro ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) ![]() |
![]() ![]() |
Rosalía de Palermo,[1] máis coñecida como Santa Rosalía, foi unha nobre virxe de Palermo (Sicilia), do século XII. É venerada como santa pola Igrexa católica.
Historia
[editar | editar a fonte]Naceu como Rosalia Sinibaldi en 1130, en Palermo, Sicilia. Era de familia xermánica.[1] Retirouse en oración a unha cova e viviu en soidade, pobreza e penitencia. Faleceu en 1170.
Os seus presuntos restos foron atopados en 1624 (séculos despois da súa morte) nunha cova por un cazador que dixo ser guiado pola propia santa a tal achado. Di a lenda que ao trasladarse os seus restos en procesión por toda a vila de Palermo se detivo a asolación de peste que azoutara o lugar durante anos. Por tal motivo, construíuse unha basílica na cova orixinal onde foron achados os restos e onde se mostraban aos peregrinos a través dunha reixa para a súa veneración.
Culto
[editar | editar a fonte]O culto a Santa Rosalía, promovido polos bieitos, difúndese polo mundo como protectora contra enfermidades infecciosas, a peste, e para recibir auxilio e protección en momentos difíciles.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c9/Vida_y_Milagros_de_Santa_Rosalia_Virgen_%28IA_wotb_6743864%29.pdf/page9-220px-Vida_y_Milagros_de_Santa_Rosalia_Virgen_%28IA_wotb_6743864%29.pdf.jpg)
Nome
[editar | editar a fonte]O nome de Rosalía é de dubidosa orixe.[1]
Festividade
[editar | editar a fonte]A súa festa celébrase en dúas datas: en Sicilia o 15 de xullo (translación dos seus restos) e no resto do mundo o 4 de setembro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Imaxe de Santa Rosalía de Palermo, na igrexa de San Xenxo de Padriñán.
-
Mensaxe na imaxe de Santa Rosalía de Palermo, na igrexa vella de San Xenxo de Padriñán
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosalía de Palermo ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vida de la gloriosa virgen Santa Rosalia, natural de la feliz ciudad de Palermo en el Reyno de Sicilia ...Escrita en toscano, por D. Pedro Forti ... y traduzida en Castellano, por el Dotor Don Alexandro Tramonte