Saltar ao contido

Sándalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Santalum album»)

O sándalo[2], Santalum álbum é unha especie botánica, unha árbore de gran tamaño, da familia das santaláceas, de follas elípticas e opostas, flores pequenas, en acio ou axilares, e froito parecido á cereixa. Medra no sur de Asia e Oceanía. A súa madeira emprégase en ebanistaría e proporciona unha esencia aromática[3].

A madeira aromática desta árbore tamén recibe o mesmo nome[4] e é coñecida por usarse para tallar esculturas e porque dela obtéñense óleos volátiles usados en perfumaría. O sándalo orixinario da India é o que produce a mellor madeira e os mellores óleos aromatizantes.

Arbusto de sándalo de Hawai.

Na India, o sándalo considéranse unha árbore sagrada e o goberno declarouna "propiedade nacional" para preservala da corta indiscriminada. Só se permite a corta cando o exemplar posúe máis de trinta anos, momento no que naturalmente comeza a morrer. Un tronco de sándalo demora 25 anos para adquirir un diámetro de 6 cm.

Distribución

[editar | editar a fonte]

É unha árbore hemiparásita, nativa das áreas semiáridas da India. Plántase hoxe en día ademais de na India, na China, Sri Lanka, Indonesia, Malaisia, as Filipinas e o norte de Australia.

A madeira

[editar | editar a fonte]

A madeira do sándalo, acabada de cortar, presenta unha coloración amarela, porén co tempo adquire unha coloración marrón máis escura. Cando seca, non racha; é de doado tratamento en carpintaría e fumega con facilidade. É unha madeira dura, de densidade 950 kg/m³ , que seca amodo, e é resistente a fungos e insectos.

Os óleos obtidos da destilación da casca da madeira, do seu miolo e das raíces utilízanse en perfumaría.

Úsase en rituais como aromatizante (incenso) para acadar a harmonía espiritual.

A madeira pode ser usada para producir esculturas, caixas, peites e outros objetos pequenos. Tamén é moi utilizada na confección dos mala, os rosarios hindús utilizados para meditación, ascensión espiritual e protección enerxética.

  1. Asian Regional Workshop (Conservation & Sustainable Management of Trees, Viet Nam, August 1996). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Nome vulgar galego en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  3. Definición en Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  4. Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]