O Fußball-Club Gelsenkirchen-Schalke 04 e.V., mellor coñecido simplemente como Schalke 04, é un club alemán de fútbol da cidade de Gelsenkirchen que compite regularmente na Bundesliga, a máxima categoría deste deporte no país xermano. O club foi fundado no ano 1904, como se reflicte no seu nome. Trátase dun dos equipos de fútbol máis populares de Alemaña, a pesar de que acadou a maioría dos seus éxitos nas décadas de 1930 e 1940. A encontro de maior rivalidade do Schalke 04 é co seu veciño, o Borussia Dortmund. Ese encontro é coñecido como Derbi do Ruhr. O club tamén se dedica ao baloncesto, balonmán, atletismo etc.
O FC Schalke 04 xoga os seus encontros como local no Ventils-Arena, que se chama así por razóns publicitarias, que foi construído entre os anos 1998 e 2001, e inaugurado no 2001. A capacidade do estadio é de 61.672 persoas como máximo, 54.142 sentadas. Antes de construír este estadio novo, o Schalke04 xogaba nun estadio con pistas de atletismo e capacidade para 62.109 persoas, chamado Parkstadion, a carón do novo estadio, que agora está en ruínas.