Esciénidos
Os Esciénidos (Sciaenidae) é unha familia de peixes pertencente á orde dos Perciformes. Son peixes mariños distribuídos polos océanos Atlántico, Pacífico e Índico, se ben algunhas especies en Suramérica viven en augas doces.
A especie característica é a corvina (Argyrosomus regius), pero con esta denominación común se coñecen moitas outras especies desta familia.
Características
[editar | editar a fonte]Son peixes de corpo fusiforme ou oblongo, coa liña lateral ben aparente. Ás veces mostran unha barbela na mandíbula inferior.
A aleta dorsal é única, pero dividida por unha marcada escotadura en dúas partes, unha anterior espiñosa e unha posterior, máis longa, formada por raios brandos. A anal é moi curta e está precedida por dúas espiñas. As pectorais e ventrais son relativamente pequenas e insírense ó mesmo nivel; as ventrais con 1 espiña e 5 raios brandos. Aleta caudal arredondada ou truncada.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A familia comprende 70 xéneros, divididos en 275 especies:
- Aplodinotus
- Argyrosomus
- Aspericorvina
- Atractoscion
- Atrobucca
- Austronibea
- Bahaba
- Bairdiella
- Boesemania
- Cheilotrema
- Chrysochir
- Cilus
- Collichthys
- Corvula
- Ctenosciaena
- Cynoscion
- Daysciaena
- Dendrophysa
- Elattarchus
- Equetus
- Genyonemus
- Isopisthus
- Johnius
- Kathala
- Larimichthys
- Larimus
- Leiostomus
- Lonchurus
- Macrodon
- Macrospinosa
- Megalonibea
- Menticirrhus
- Micropogonias
- Miichthys
- Miracorvina
- Nebris
- Nibea
- Odontoscion
- Ophioscion
- Otolithes
- Otolithoides
- Pachypops
- Pachyurus
- Panna
- Paralonchurus
- Paranibea
- Pareques
- Pennahia
- Pentheroscion
- Plagioscion
- Pogonias
- Protonibea
- Protosciaena
- Pseudosciaena
- Pseudotolithus
- Pteroscion
- Pterotolithus
- Roncador stearnsii
- Sciaena
- Sciaenops
- Seriphus
- Sonorolux
- Stellifer
- Totoaba
- Umbrina
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esciénidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Esciénidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.