Escomberesócidos
Os Escomberesócidos ou papardas (Scomberesocidae) son unha familia de peixes mariños teleósteos, pertencentes á orde Beloniformes. Distribúense por augas superficiais temperadas e tropicais de tódolos océanos.
Características
[editar | editar a fonte]O corpo é alargado, comprimido e cuberto de escamas pequenas, delgadas e caedizas. A cabeza tamén longa e comprimida, con ollos grandes e mandíbulas aguzadas, en pico, sendo o maxilar inferior lixeiramente máis longo có superior, e dotadas de pequenos dentes en toda a lonxitude.
Aleta dorsal e anal baixas, opostas e moi posteriores, seguidas dunha serie de 5-7 pínnulas; Aletas pectorais e pelvianas pequenas, estas últimas moi posteriores; aleta caudal bifurcada. Liña lateral aparente, con ata 148 escamas.
Non teñen vexiga natatoria e a lonxitude máxima rexistrada é duns 46 cm.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Existen só dous xéneros e catro especies:
- Xénero Cololabis (Gill, 1896)
- Xénero Scomberesox (Lacepède, 1803)
- Scomberesox saurus (Walbaum, 1792) (alcrique)
- Scomberesox simulans (Hubbs e Wisner, 1980)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Escomberesócidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Escomberesócidos |