Sedoheptulosa 1,7-bisfosfato
Sedoheptulosa 1,7-bisfosfato | |
---|---|
Nome IUPAC | 2,3,4,5-Tetrahidroxi-6-oxo-1,7- heptanediíl bis[dihidroxen (fosfato)][1] |
Outros nomes | Sedoheptulosa 1,7-bifosfato D-Sedoheptulosa 1,7-P2 |
Fórmula empírica | C7H16O13P2 |
Masa molecular | 366,1 g/mol |
Estado físico/Cor | |
Número CAS | |
Propiedades | |
Densidade | |
Punto de fusión | |
Punto de ebulición | |
Solubilidade en auga |
A sedoheptulosa 1,7-bisfosfato[2], sedoheptulosa 1,7-difosfato ou sedoheptulosa-1,7-difosfato[3] é unha molécula do monosacárido sedoheptulosa fosforilado nos carbonos 1 e 7 [4]. Trátase dun azucre de sete carbonos (heptosa) cun grupo cetona no carbono 2 (é unha cetosa) e un grupo fosfato esterificado en cada un dos carbonos dos extremos da molécula. Intervén no ciclo de Calvin da fotosíntese.
No ciclo de Calvin da fase rexenerativa da fase escura da fotosíntese, orixínase sedoheptulosa 1,7-bisfosfato na reacción entre a eritrosa 4-fosfato e a dihidroxiacetona fosfato [5] catalizada por unha aldolase.
Despois, a sedoheptulosa 1,7-bisfosfato formada perde o fosfato do carbono 1 [5] en reacción catalizada pola sedoheptulosa-1,7-bisfosfatase, orixinando sedoheptulosa 7-fosfato.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ChemSpider
- ↑ MeSH Sedoheptulose 1,7-bisphosphate
- ↑ PubChem compound D-sedoheptulose-1,7-P2
- ↑ CHEBI
- ↑ 5,0 5,1 A. Lehninger. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Páxinas 665. ISBN 84-282-0738-0.