Selección de fútbol dos Estados Unidos de América
![]() | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | U.S. Soccer | ||
Confederación | CONCACAF (Norteamérica) | ||
Código FIFA | USA | ||
Alcume | The Yanks | ||
Clasificación FIFA | 22 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | ![]() | ||
Máis encontros | Cobi Jones (164) | ||
Máximo goleador | Clint Dempsey Landon Donovan (57) | ||
Estrea internacional Suecia ![]() ![]() Estocolmo, Suecia; 20 de agosto de 1916 | |||
Maior vitoria Estados Unidos ![]() ![]() Carson, Estados Unidos; 15 de xuño de 2008 | |||
Maior derrota Noruega ![]() ![]() Oslo, Noruega; 11 de agosto de 1948 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 10 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Terceiro lugar (1930) | ||
Copa Ouro | |||
Participacións | 17 (primeira en 1985) | ||
Mellor resultado | Campións (1991, 2002, 2005, 2007, 2013, 2017) | ||
Copa América | |||
Participacións | 4 (primeira en 1992) | ||
Mellor resultado | Cuarto lugar (1995, 2016) |
A selección de fútbol dos Estados Unidos (en inglés: United States national soccer team) representa aos Estados Unidos de América en competicións internacionais de fútbol. Está controlada pola Federación de Fútbol dos Estados Unidos (United States Soccer Federation, U.S. Soccer), afiliada á CONCACAF, organización de agrupa ás federacións de Norte, Centroamérica e o Caribe, e á FIFA.
Estados Unidos participou en dez edicións da Copa do Mundo de Fútbol, incluíndo a edición de 1994 na que foron o país anfitrión. A mellor clasificación da selección nesta competición foi o seu terceiro posto obtido no torneo inaugural de Uruguai 1930, cando acadou a terceira praza. Máis recentemente rematou cuarto na Copa América, chegou aos cuartos de final do mundial de 2002 e foi finalista da Copa Confederacións en 2009. Ademais ten no seu palmarés seis Copas de Ouro da CONCACAF.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro partido xogado por unha selección baixo a bandeira estadounidense realizouse contra a selección do Canadá, o 28 de novembro de 1895, en Newark. Con todo, este partido non é recoñecido internacionalmente, e considérase que o primeiro partido oficial foi o que xogou en Estocolmo, ante o combinado Suecia, o 20 de agosto de 1916.
O equipo xogou a semifinal da Copa Mundial de Fútbol de 1930, perdendo 6-1 contra Arxentina e obtendo o terceiro posto. Unha das anécdotas que quedan do devandito equipo estadounidense é que era conformado por cidadáns de múltiples nacionalidades, pertencentes ao exército do país, que estaban a se preparar para a posible guerra que ocorrería anos despois.
Desde a realización do mundial de 1994 no país, a selección de fútbol, logrou que o deporte gañe espazo no país do Béisbol, Fútbol Americano, Baloncesto e Hockey, aínda que cabe destacar que a maioría de xogadores da selección, non militan na MLS (liga estadounidense de fútbol), senón en clubs de Europa, o cal axudou ao desenvolvemento da técnica e táctica do equipo. Como curiosidade, no mesmo mundial 1994, a maioría dos convocados á cita mundial non tiña club onde xogar, xa que só algúns xogaban en Europa até a súa expansión a nivel individual.
O día 24 de xuño de 2009, Estados Unidos logra unha vitoria histórica no marco da Copa FIFA Confederacións 2009, tras vencer nas semifinais 0-2 á selección de España, selección que viña 35 partidos sen coñecer a derrota e 15 partidos gañados consecutivamente. Na final, enfrontáronse á selección do Brasil, no primeiro tempo dese partido, Estados Unidos estaba a dar a sorpresa ao gañar por 2 goles por 0, con todo, no segundo tempo Brasil deulle a volta e acabou gañando por 2-3, con todo, o equipo "das barras e as estrelas" daba a sorpresa ao chegar á final logo de quedar a piques da eliminación na fase de grupos.
Uniforme
[editar | editar a fonte]Dendo o seu primeiro encontro non oficial ante Canadá, os uniformes consistiron en camisolas brancas con pantalón azul. En 1950, Estados Unidos adoptou un estilo "Perú" poñendo unha franxa diagonal que cruzaba a camisola. Esta barra tense utilizado nos uniformes de 2003, 2004, 2006 así como no uniforme de 2010. Adidas foi o provedor dos uniformes dos Estados Unidos dende 1984 até 1994. Dende 1995, a compañía estadounidense Nike é a que viste á selección.
Resultados
[editar | editar a fonte]Copa Mundial de Fútbol
[editar | editar a fonte]Ano | Fase | Posición | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Semifinais | 3° | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 6 |
![]() |
Primeira fase | 16° | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | 7 |
![]() |
Non clasificado | |||||||
![]() |
Primeira fase | 10° | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 8 |
![]() |
Non clasificado | |||||||
![]() | ||||||||
![]() | ||||||||
![]() | ||||||||
![]() | ||||||||
![]() | ||||||||
![]() | ||||||||
![]() | ||||||||
![]() | ||||||||
![]() |
Primeira fase | 23° | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 8 |
![]() |
Oitavos de final | 14° | 4 | 1 | 1 | 2 | 3 | 4 |
![]() |
Primeira fase | 32° | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 5 |
![]() ![]() |
Cuartos de final | 8° | 5 | 2 | 1 | 2 | 7 | 7 |
![]() |
Primeira fase | 25° | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 6 |
![]() |
Oitavos de final | 12° | 4 | 1 | 2 | 1 | 5 | 5 |
![]() |
Oitavos de final | 15 | 4 | 1 | 1 | 2 | 5 | 6 |
![]() |
Non clasificado | |||||||
Total | - | 25° | 29 | 7 | 5 | 17 | 32 | 56 |
Copa de Ouro
[editar | editar a fonte]Ano | Fase | Posición | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Campión | 1° | 5 | 4 | 1 | 0 | 10 | 3 |
![]() ![]() |
Subcampión | 2° | 4 | 4 | 0 | 1 | 5 | 5 |
![]() |
Semifinais | 3° | 2 | 2 | 0 | 1 | 5 | 3 |
![]() |
Subcampión | 2° | 4 | 3 | 0 | 1 | 6 | 2 |
![]() |
Cuartos de final | 5° | 2 | 2 | 1 | 0 | 6 | 2 |
![]() |
Campión | 1° | 5 | 4 | 1 | 0 | 9 | 1 |
![]() ![]() |
Semifinais | 3° | 4 | 3 | 0 | 1 | 10 | 2 |
![]() |
Campión | 1° | 5 | 4 | 2 | 0 | 11 | 3 |
![]() |
Campión | 1° | 6 | 6 | 0 | 0 | 13 | 3 |
![]() |
Subcampión | 2° | 6 | 4 | 1 | 1 | 12 | 8 |
![]() |
Subcampión | 2° | 6 | 4 | 0 | 2 | 9 | 6 |
![]() |
Campión | 1° | 6 | 6 | 0 | 0 | 20 | 4 |
![]() |
Semifinais | 4° | 6 | 3 | 2 | 1 | 12 | 5 |
![]() |
Campión | 1° | 6 | 5 | 1 | 0 | 13 | 4 |
Total | - | 2° | 47 | 32 | 6 | 5 | 80 | 31 |
Xogadores
[editar | editar a fonte]
Máis partidos disputados[editar | editar a fonte]Actualizado a 22 de xullo de 2010.[1]
|
Máximos goleadores da selección[editar | editar a fonte]![]() Actualizado a 22 de xullo de 2010.[1]
|
Adestradores
[editar | editar a fonte]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "U.S. Men's National Team Player Registry". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 23 de xullo de 2010.