Senado da República de Colombia
O Senado da República de Colombia (en castelán: Senado de la República de Colombia) é a cámara alta do Congreso de Colombia, sendo a cámara baixa a Cámara de Representantes. O Senado da República é o corpo colexiado de representación directa do pobo e debe actuar consultando á xustiza e polo ben común.[1]
A composición e poderes do Senado atópanse estipulados no Título VI da Constitución de Colombia de 1991[2] e na Lei 5ª de 1992.[3] O Senado da República está composto por 108 senadores, 100 son elixidos por voto popular en todo o territorio nacional, cinco son senadores do partido FARC por mor do proceso de paz, dous en representación das comunidades indíxenas, a través de circunscrición especial, e un para o segundo candidato con maior votación nas eleccións presidenciais. O Senado da República elixe os seus membros en representación de toda o estado.[4]
O Senado da República de Colombia cumpre coas funcións constituínte, lexislativa, de protocolo, electoral, xudicial, administrativa e de control político dentro do eido lexislativo.[5]
Dende o 20 de xullo de 2020 o Senado está presidido por Arturo Char Chaljub do Partido Cambio Radical e o Secretario Xeral é Gregorio Eljach Pacheco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Palau, Ana María; et al. investigadores (2005). La democracia CV: conozcamos y evaluemos el Congreso de la República (1. ed.). Bogotá, D.C., Colombia: Universidade dos Andes, Facultade de Ciencias Sociais, Departamento de Ciencia Política, Programa Congreso Visible. ISBN 9586950654.
- ↑ "Constitución política de Colombia 1991" (PDF). Banco da República de Colombia. 1991. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de outubro de 2009. Consultado o 12 de novembro de 2010.
- ↑ "LEY 5 DE 1992 - Reglamento del Congreso; el Senado y la Cámara de Representantes". Secretaría del Senado. 18 de xuño de 1992. Consultado o 30 de xaneiro de 2022.[Ligazón morta]
- ↑ "Historia del Congreso de la República de Colombia". Congreso da República de Colombia. 2010. Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2011. Consultado o 12 de novembro de 2010.
- ↑ "Funciones del Congreso". Congreso Visible. 2010. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2011. Consultado o 12 de novembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Colombia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)