Saltar ao contido

Sinan Erdem Spor Salonu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sinan Erdem Dome»)
Sinan Erdem Spor Salonu
Datos
Coordenadas40°59′19″N 28°51′14″L / 40.98855, 28.853931
LocalizaciónIstambul
Outros nomesAtaköy Dome (1987-1993)
Construción
Inauguración23 de abril de 2010
Estadio
Capacidade16.000 espectadores
PropietarioTurkish Basketball Federation
Eventos
Mundial de Baloncesto 2010
Mundial de Atletismo Pista Cuberta 2012
editar datos en Wikidata ]

O Sinan Erdem Spor Salonu, antes coñecido como Ataköy Dome, é un pavillón deportivo cuberto situado na beira europea de Istambul, Turquía. Era a cancha onde xogaban os seus partidos como locais os clubs de baloncesto profesionais Efes Pilsen S.K. e Fenerbahçe Ülker. Ten capacidade para 16.000 espectadores.

Características

[editar | editar a fonte]

Inaugurado o 23 de abril de 2010, o pavillón ten capcidade para 22.500 espectadores en concertos e para 16.000 espectadores en cadeiras en partidos de baloncesto, o que o converten no pavillón cuberto máis grande do país e o terceiro de Europa (aínda que en capacidade para partidos de baloncesto non o é). O pavillón recibe o nome de Sinam Erdem (1927-2003), que foi presidente do Comité Olímpico de Turquía de 1989 até a súa morte en 2003.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]