Sirio (satélites artificiais)
Sirio, acrónimo de Satellite Italiano ricerca industriale orientato, foi unha serie de dous satélites artificiais italianos lanzados entre 197 e 1982.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites Sirio eran principalmente satélites de comunicacións en órbita xeoestacionaria que levaban a bordo tamén experimentos para facer medicións de plasma e raios cósmicos. Sirio 1 foi lanzado o 25 de agosto de 1977 mediante un foguete Delta 2313 mentres que Sirio 2 o foi o 9 de setembro de 1982, non chegando ao espazo ao fallar o seu foguete lanzador, un Ariane 1. Cada satélite tiña forma cilíndrica con 144 cm de diámetro e 240 cm de altura, incluíndo o motor de apoxeo, alimentado por hidracina. Estabilizábanse mediante xiro a 90 r.p.m. e alimentábanse mediante células solares.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Sirio 1 | 25 de agosto de 1977 | Delta 2313 | Éxito |
Sirio 2 | 9 de setembro de 1982 | Ariane 1 | Fallo |