Saltar ao contido

Código hexadecimal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sistema hexadecimal»)
Táboa de multiplicación hexadecimal

O código hexadecimal ou sistema hexadecimal é un sistema de numeración posicional que representa os números en base 16 —polo tanto empregando 16 símbolos—.

Está vinculado á informática, xa que os computadores adoitan utilizar o byte ou octeto como unidade básica da memoria; e, debido a que un byte acada valores posíbeis, e que isto pode representarse como , que, segundo o teorema xeral da numeración posicional, equivale ao número en base 16 , dous díxitos hexadecimais corresponden exactamente —permiten representar a mesma liña de enteiros— a un byte.

Isto faino moi útil para a visualización de descargas de memoria xa que permite saber de xeito sinxelo o valor de cada byte da memoria.

Debido ao sistema de numeración decimal xeralmente usado para a numeración só dispór de dez símbolos, débese incluír seis letras adicionais para completar o sistema. O conxunto de símbolos fica, polo tanto, así:

Nótese que , e así sucesivamente. Tamén se usan variantes con letras minúsculas no canto de maiúsculas.

Vexamos un exemplo numérico para obter o valor dunha representación hexadecimal: 3E0,A (16) = 3×162 + E×161 + 0×160 + A×16−1 = 3×256 + 14×16 + 0×1 + 10×0,0625 = 992,625

Táboa de conversión entre hexadecimal, decimal, octal e binario

[editar | editar a fonte]
0hex = 0dec = 0oct 0 0 0 0
1hex = 1dec = 1oct 0 0 0 1
2hex = 2dec = 2oct 0 0 1 0
3hex = 3dec = 3oct 0 0 1 1
4hex = 4dec = 4oct 0 1 0 0
5hex = 5dec = 5oct 0 1 0 1
6hex = 6dec = 6oct 0 1 1 0
7hex = 7dec = 7oct 0 1 1 1
8hex = 8dec = 10oct 1 0 0 0
9hex = 9dec = 11oct 1 0 0 1
Ahex = 10dec = 12oct 1 0 1 0
Bhex = 11dec = 13oct 1 0 1 1
Chex = 12dec = 14oct 1 1 0 0
Dhex = 13dec = 15oct 1 1 0 1
Ehex = 14dec = 16oct 1 1 1 0
Fhex = 15dec = 17oct 1 1 1 1

Fraccións

[editar | editar a fonte]

As fraccións, no seu desenvolvemento hexadecimal, non son exactas a menos que o denominador sexa potencia de 2 (xa que ). Con todo, os períodos non adoitan ser moi complicados.

1/2 = 0,8
1/3 = 0,55...
1/4 = 0,4
1/5 = 0,33...
1/6 = 0,2AA...
1/7 = 0,249249...
1/8 = 0,2
1/9 = 0,1C1C...
1/A = 0,199...
1/B =
1/C = 0,155...
1/D =
1/E = 0,1249249...
1/F = 0,11...

Táboa de multiplicación

[editar | editar a fonte]
'  1 2 3 4 5 6 7 8 9 A B C D E F 10
1 1 2 3 4 5 6 7 8 9 A B C D E F 10
2 2 4 6 8 A C E 10 12 14 16 18 1A 1C 1E 20
3 3 6 9 C F 12 15 18 1B 1E 21 24 27 2A 2D 30
4 4 8 C 10 14 18 1C 20 24 28 2C 30 34 38 3C 40
5 5 A F 14 19 1E 23 28 2D 32 37 3C 41 46 4B 50
6 6 C 12 18 1E 24 2A 30 36 3C 42 48 4E 54 5A 60
7 7 E 15 1C 23 2A 31 38 3F 46 4E 54 5D 62 69 70
8 8 10 18 20 28 30 38 40 48 50 58 60 68 70 78 80
9 9 12 1B 24 2D 36 3F 48 51 5A 63 6C 75 7E 87 90
A A 14 1E 28 32 3C 46 50 5A 64 6E 78 82 8C 96 A0
B B 16 21 2C 37 42 4E 58 63 6E 79 84 8F 9A A5 B0
C C 18 24 30 3C 48 54 60 6C 78 84 90 9C A8 B4 C0
D D 1A 27 34 41 4E 5D 68 75 82 8F 9C A9 B6 C3 D0
E E 1C 2A 38 46 54 62 70 7E 8C 9A A8 B6 C4 D2 E0
F F 1E 2D 3C 4B 5A 69 78 87 96 A5 B4 C3 D2 E1 F0
10 10 20 30 40 50 60 70 80 90 A0 B0 C0 D0 E0 F0 100