Saltar ao contido

Tuatara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sphenodon»)
Sphenodon
Rango fósil: Rhaetiense - Holoceno
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Subclase: Diapsida
Infraclase: Lepidosauromorpha
Orde: Sphenodontia
Familia: Sphenodontidae
Xénero: Sphenodon
Gray, 1831
Círculos: S. punctatus. Cadrados: S. guntheri. Cada símbolo pode representar ata 7 illotes.
Círculos: S. punctatus. Cadrados: S. guntheri.
Cada símbolo pode representar ata 7 illotes.

Círculos: S. punctatus. Cadrados: S. guntheri.
Cada símbolo pode representar ata 7 illotes.
Especies

Os tuataras[1] (xénero Sphenodon) son réptiles endémicos das illas veciñas a Nova Zelandia, pertencentes á familia Sphenodontidae. O significado do seu nome común provén do maorí e quere dicir "costas espiñentas". A primeira vista (por converxencia evolutiva) son parecidas ás iguanas, coas que, con todo, non están emparentadas. Miden uns 70 cm de lonxitude e son insectívoros e carnívoros.

As dúas especies actuais de tuataras e a extinta coñecida teñen parentes moi próximos que existiron fai xa 200 millóns de anos, a par dos dinosauros. Nesas épocas habitaban o supercontinente de Gondwana habéndose distribuído, segundo parece, desde a área que hoxe corresponde a América do Sur pasando pola Antártida ata Australia. Ao separarse de Australia por deriva continental, Nova Zelandia converteríase no único reduto actual de Sphenodontidae, motivo polo cal cualifícase a estes animais como fósiles viventes.

  1. Dicionario Digalego tuatara Arquivado 23 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.