Superficies de clase A
As superficies de clase A no deseño de automoción son aquelas superficies 3D que corresponden as partes vistas do vehículo, polo que son traballadas con alta eficiencia e calidade tanto a nivel estético como produtivo. As superficies de clase A cumpren certas tolerancias de curvatura e aliñación de tanxencia para unha calidade de reflexión estética ideal, moitas persoas identifican as superficies de clase A cando teñen continuidade de curvatura G2 ou G3 entre si.
O modelaxe de clase A realízase mediante aplicacións de deseño industrial asistido por ordenador. Os modeladores de superficies de clase A tamén son chamados "escultores dixitais" na industria. Os deseñadores industriais e os enxeñeiros desenvolven o seu proxecto en continua comunicación cos modeladores para realizar o modelo final.
Aplicación
[editar | editar a fonte]Un método común de traballo é comezar cun modelo de deseño ou cunha nube de puntos como referencia, dos que se desenvolven superficies matemáticas controladas de Clase A para describir o corpo exterior do produto. Esta matemática compártese con enxeñeiros e deseñadores que solicitan cambios ou modificacións en diferentes fases do proxecto ata resultar o modelo final.
Deseño de automoción
[editar | editar a fonte]Na aplicación de deseño de automóbiles créanse superficies de clase A en todas as superficies exteriores visibles (paneis da carrozaría, parachoques, parrilla, faros, etc.) e todas as superficies visibles das pezas que do interior (cadro de mandos, asentos, recubrimentos das portas, etc.).[1]
Deseño de produto
[editar | editar a fonte]No ámbito do deseño de produtos, as superficies de Clase A pódense aplicar a elementos como a carcasa de aparellos industriais moldeados por inxección, como: electrodomésticos, envases de plástico definidos por superficies orgánicas, xoguetes ou mobles. Entre os usuarios máis famosos do software Autodesk Alias no deseño de produtos está Apple.
Deseño aeroespacial
[editar | editar a fonte]No sector aeroespacial téñense consideracións de estilo e deseño nos interiores, como marcos para ventilación ou luces, bastidores de almacenamento, asentos e a zona de cabina, etc. En 2006 Airbus utilizou ICEM Surf para xerar a xeometría da superficie exterior para a súa optimización estética e aerodinámica.[2]
Modelaxe en barro
[editar | editar a fonte]Os datos escaneados ou "nube de puntos" dun modelo de arxila tómanse ás veces como referencia para xerar superficies preliminares e refinar aínda máis a superficies de Clase A.
Aplicacións
[editar | editar a fonte]As ferramentas de software máis utilizadas son:
- Autodesk Alias
- ICEM Surf
- Imageware
- Unigraphics (Módulo Clase A)
- CATIA (Módulo FreeStyle)
- Tebis
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Autodesk Alias Products". Web Archive (en inglés). Archived from the original on 29 de xullo de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2022.
- ↑ "New Airbus A380 takes to the sky, with the aid of ICEM Surf". Web Archive (en inglés). Archived from the original on 18 de outubro de 2005. Consultado o 25 de outubro de 2022. Carácter salto de liña en
|título=
na posición 34 (Axuda)