Susana Díaz
Aparencia
(Redirección desde «Susana Díaz Pacheco»)
Susana Díaz Pacheco, nada en Sevilla o 18 de outubro de 1974, é unha política española pertencente ao Partido Socialista Obreiro Español, presidenta da Xunta de Andalucía dende o 7 de setembro de 2013 até o 16 de xaneiro de 2019 e exsecretaria xeral da federación andaluza do PSOE. É licenciada en Dereito pola Universidade de Sevilla.[1]
Entre o 7 de maio de 2012 e o 7 de setembro de 2013 foi conselleira de Presidencia e Igualdade da Xunta de Andalucía. Anteriormente foi senadora por designación autonómica e secretaria de organización do PSOE-A.
Cargos
[editar | editar a fonte]- Secretaria de Organización de Xuventudes Socialistas de Andalucía (1997-2004).
- Concelleira do Concello de Sevilla (1999-2004).
- Tenente de Alcalde de Recursos Humanos de Sevilla (2003-2004).
- Deputada por Sevilla no Congreso dos Deputados (2004-2008).
- Secretaria de Organización do PSOE de Sevilla (2004-2010).
- Deputada por Sevilla no Parlamento de Andalucía (Dende 2008).
- Secretaria de Organización do PSOE-A (2010-2012).
- Senadora designada polo Parlamento de Andalucía (2011-2012).
- Conselleira de Presidencia e Igualdade da Xunta de Andalucía (2012-2013).
- Secretaria xeral do PSOE de Sevilla (2012-2013).
- Presidenta da Xunta de Andalucía (Dende 2013).
- Secretaria xeral do PSOE-A (Dende 2013).
- Presidenta do Consello de Política Federal do PSOE (Dende 2014).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Junta de Andalucía - Presidenta: Biografía". www.juntadeandalucia.es (en castelán). Consultado o 2-4-2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Susana Díaz |
- Ficha de Susana Díaz no Parlamento de Andalucía (en castelán)
- Perfil de Susana Díaz Arquivado 27 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |