Saltar ao contido

Swarm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Swarm A»)

Swarm é unha serie de satélites artificiais da Axencia Espacial Europea lanzados para medir con precisión o campo magnético terrestre e facer outras observacións.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

O obxectivo de Swarm é facer o estudo máis preciso ata a data do campo magnético terrestre e dos seus cambios no tempo para comprender o funcionamento do interior da Terra e a súa influencia no clima. Swarm é a sucesora da misión CHAMP, lanzada en 2000 e está formada por tres satélites (Swarm A, B e C) de 468 kg de masa cada un. Cada satélite leva a bordo os seguintes instrumentos:[1][2]

Os satélites orbitan a entre 450 e 530 km de altura en órbitas polares. Os tres foron lanzados a bordo do mesmo foguete Rokot-KM o 22 de novembro de 2013.[1][2]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "SWARM" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Swarm A, B, C (Earth Explorer 5)" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]