Saltar ao contido

Papuxa do mato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sylvia undata»)
Papuxa do mato
Curruca undata

Exemplar adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: Sylvia
Especie: S. undata
Nome binomial
Sylvia undata
(Boddaert, 1783)

A papuxa do mato (Curruca undata) é unha ave paseriforme da familia dos sílvidos.

Morfoloxía e hábitos

[editar | editar a fonte]

A Papuxa do mato ten unha lonxitude duns 12,5 cm e pesa uns 8,5 gramos. O corpo enteiro é de cor escura, case negro. Normalmente coa cola erguida e cunha carúncula ocular tipicamente vermella. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en zonas de matogueiras ou bosques con claros. Aliméntase de insectos, arañas e bagas.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Ovos de Curruca undata toni.

A época de cría vai dende abril a xullo, consistindo a posta en 3-6 ovos. O tempo de incubación oscila entre os 12-13 días, permanecendo os polos preto de 12 días no niño.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Localizada unicamente na Península Ibérica, suroeste de Francia, sur de Italia e extremo sur de Inglaterra. Tamén está presente no extremo norte do Magreb Occidental.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest (en castelán).