Técnica narrativa
Aparencia
(Redirección desde «Técnicas narrativas»)
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
As técnicas narrativas son os diversos procedementos usados polo autor dun texto narrativo para crear o relato:
- A narración en terceira persoa: mediante a terceira persoa pódense artellar as seguintes perspectivas narrativas:
- A do autor omnisciente: é aquel que ten un coñecemento total de todo o narrado e por narrar (historia), mesmo os sentimentos máis íntimos dos personaxes. Coñece os acontecementos exteriores e os sentimentos máis íntimos dos personaxes. O narrador é extradiexético.
- Técnica 'behaviorista' ou do 'campo limitado': ignóranse os datos do acontecer, quedando o autor, por conseguinte, como mero observador da acción narrativa. Esta técnica difire pouco dunha reportaxe. O narrador é extradiexético.
- Pode ocorrer que o autor se oculte na voz dun personaxe, que asume o papel de narrador testemuña. O narrador conta en terceira persoa o que lle acontece a outros personaxes do relato. O narrador é intradiexético
- Enfoque narrativo múltiple: comunícase a acción desde os puntos de vista narrativos de varios personaxes.
- A narración en primeira persoa
- A narración en segunda persoa: é menos frecuente cas anteriores e é habitual que se combine con outras técnicas narrativas sen se aplicar a unha obra completa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- narración
- descrición
- novela
- lingüística textual
- cohesión textual
- verosimilitude textual