Tótem (filme)
Aparencia
Tótem | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tótem |
Director | Lila Avilés |
Produtor | Lila Avilés Tatiana Graullera Louise Riousse |
Guión | Lila Avilés |
Intérpretes |
|
Música | Thomas Becka |
Fotografía | Diego Tenorio |
Montaxe | Omar Guzmán |
Estudio | Limerencia Films Laterna Film Paloma Productions |
Distribuidora | Alpha Violet |
Estrea | Berlín: 20 de febreiro de 2023 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Recadación | 165.444 dólares |
Na rede | |
https://paloma-productions.com/film/totem-1.html | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Tótem é un filme mexicano de 2023 escrito e dirixido por Lila Avilés. O filme narra a historia de Sol, de sete anos, que pasa o día na casa do seu avó, nunha festa sorpresa para o pai de Sol, Tonatiuh. Cando a luz do día desaparece, Sol comprende que o seu mundo está a piques de cambiar drasticamente.[1] Foi escollido para competir polo Oso de Ouro na 73ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde se estreou internacionalmente o 20 de febreiro de 2023.[2] É unha coprodución entre México, Dinamarca e Francia.
Foi escollido como candidato de México para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[3] clasificándose na lista curta de decembro.[4][5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Naíma Sentíes como Sol
- Montserrat Marañón como Nuri
- Marisol Gasé como Alejandra
- Saori Gurza como Esther
- Teresita Sánchez como Cruz
- Mateo García Elizondo como Tonatiuh
- Juan Francisco Maldonado como Napo
- Iazua Larios como Lucía
- Alberto Amador como Roberto
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Avilés, Lila (11 de febreiro de 2023). "Tótem". Cineuropa (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2023.
- ↑ Rosser, Michael (23 de xaneiro de 2023). "Berlin Film Festival reveals 2023 competition line-up". Screen Daily (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2023.
- ↑ Padilla, Greta (2023-09-25). "Habemus película: 'Tótem' de Lila Avilés representará a México en los Oscar 2024". Sopitas.com (en castelán).
- ↑ "'Tótem', de la mexicana Lila Avilés, precandidata al Óscar a Mejor Película Extranjera | Video" ['Tótem', by Mexican Lila Avilés, pre-candidate for the Oscar for Best Foreign Film | Video]. Aristegui Noticias (en castelán). Consultado o 2023-12-21.
- ↑ "96th Oscars Shortlists Announced for 10 Categories". Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). 21 de decembro de 2023. Consultado o 22 de decembro de 2023.