TacSat 1
TacSat 1 / TACSAT | |
---|---|
TacSat 1 antes do lanzamento. | |
Tipo | Comunicacións |
Organización | Forza Aérea dos Estados Unidos |
Contratistas principais | Hughes Aircraft Company |
Bus | HS-308 |
Data de lanzamento | 9 de febreiro de 1969[1][2][3] |
Foguete portador | Titan IIIC[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico para comunicacións militares.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 1969-013A |
Masa | 640 kg[4][2] |
Potencia | 980 W[4][2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 42 117 km[1] |
Inclinación | 0,8°[1] |
Apoapse | 35 820 km[1] |
Periapse | 35 671,7 km[1] |
TacSat 1 ou TACSAT, acrónimo de Tactical Communications Satellite, e tamén coñecido como TACOMSAT, foi un satélite de comunicacións da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 9 de febreiro de 1969 a bordo dun foguete Titan IIIC desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]TacSat 1 foi un satélite de comunicacións experimental para comunicacións militares deseñado e construído por Hughes Aircraft Company usando o bus HS-308. No seu momento foi o satélite de comunicacións máis pesado e potente lanzado a órbita. Tiña unha masa de 730 kg cheo de propelente e forma cilíndrica, con 2,8 m de diámetro. Estabilizábase mediante xiro e levaba tres sistemas de antenas: un conxunto de cinco hélices para UHF, dous cornos para microondas en banda X e un corno bicónico para comandos e telemetría. O satélite foi posto fora de servizo o 16 de decembro de 1972, despois de demostrar as vantaxes dun sistema de comunicacións deste tipo.[1][2][4][5]
Entre 2003 e 2007 proxectouse o lanzamento dun satélite experimental co mesmo nome e do Laboratorio de Investigación da Forza Naval pero que nunca chegou a ser enviado a órbita. O nome TacSat o usa agora unha serie de satélites de demostración tecnolóxica.[1][2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "OPS 0757 (TACSAT)" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (28 de outubro de 2022). "TacSat 1" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 15 May 1969 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (69-11558 (E)). 28 de maio de 1969: 2. Consultado o 31 de marzo de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "TACSAT" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2024). "TACSAT" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2024.