Transiting Exoplanet Survey Satellite
Transiting Exoplanet Survey Satellite / TESS / Explorer 95 | |
---|---|
Representación artística de TESS | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA |
Contratistas principais | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Data de lanzamento | 18 de abril de 2018[1][2][3] |
Foguete portador | Falcon 9[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral[2][4][5] |
Obxectivo da misión | Observatorio espacial.[2][4][5] |
NSSDC ID | 2018-038A |
Masa | 365 kg[4][2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 237 090 km[1] |
Inclinación | 50,4°[1] |
Apoapse | 335 985,5 km[1] |
Periapse | 125 453,7 km[1] |
Transiting Exoplanet Survey Satellite ou TESS, tamén coñecido como Explorer 95, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 18 de abril de 2018 a bordo dun foguete Falcon 9 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]TESS é un observatorio espacial pertencente ao programa MIDEX da NASA e construído polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. A súa misión é estudar todo o ceo mediante un conxunto de telescopios para descubrir exoplanetas en tránsito con tamaños desde similares á Terra ata xigantes gasosos. O obxectivo principal é atopar planetas de tamaño terrestre na zona habitable da súa estrela a menos de 200 anos luz do Sistema Solar.[1][2][4][5]
O observatorio ten unha masa de 365 kg e usa o bus LEOStar-2. Ten catro cámaras gran angular con CCD que, durante as probas en terra, resultaron desenfocarse lixeiramente ao chegar ás temperaturas que se iban atopar no espazo. A pesar de todo os cálculos mostraron que o lixeiro desenfoque non prexudicaba os obxectivos científicos da misión, polo que o observatorio lanzouse así.[1][2][4][5]
TESS tiña unha vida esperada de dous anos como mínimo, e levaba propelente para polo menos catro anos. Está nunha fase de misión estendida.[1][2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "TESS" (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (28 de outubro de 2022). "Transiting Exoplanet Survey Satellite" (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2024.
- ↑ "Note verbale dated 31 January 2019 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (20-05805 (E)). 9 de outubro de 2020: 14. Consultado o 20 de xullo de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "TESS (MIDEX 7, Explorer 95)" (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2024). "TESS" (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Transiting Exoplanet Survey Satellite |