3Cat
3Cat | |
---|---|
Tipo | vídeo baixo demanda, Streaming, servizo de retransmisión de vídeo e web broadcaster |
Data de fundación | 30 de outubro de 2023 |
Director/a | Rosa Romà i Monfà |
Sede | Sant Joan Despí |
País | España |
Na rede | |
https://3cat.cat | |
[ editar datos en Wikidata ] |
3Cat (tamén chamado TREScat ou 3ALaCarta) é a fusión dixital entre os diferentes medios que forman parte da Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA): Televisió de Catalunya e Catalunya Ràdio, que agora se chama CatRàdio.
Esta nova marca de contidos audiovisuais en catalán tomará o relevo das devanditas marcas Televisió de Catalunya e Catalunya Ràdio antes de que remate o actual mandato da CCMA en 2028.[1]
O obxectivo é reformular a estrutura clásica da televisión e da radio, xa que engade podcasts, videopodcasts e programas de televisión exclusivos, e transformala nunha gran fábrica de contidos[2][3] para converterse nunha poderosa marca única e conectar máis e mellor coa cidadanía.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]En decembro de 2022 presentouse o Plan Estratéxico baixo o lema “Conectamos para chegar a todos”, que sinalaba como obxectivo este cambio de denominación empresarial e institucional e que se convertería tamén na marca de relación directa coa audiencia. A nova imaxe foi anunciada publicamente nunha rolda de prensa celebrada o 7 de maio de 2023.[4]
O 30 de outubro do mesmo ano púxose en funcionamento a nova plataforma dixital de 3cat, que substituíu o servizo de vídeo baixo demanda 3alacarta e a aplicación móbil de TV3.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gutiérrez, Àlex (5/7/2023). Ara, ed. "TV3 i Catalunya Ràdio passaran a dir-se 3Cat abans del 2028" (en catalán). Consultado o 6 de agosto de 2023.
- ↑ Navarro, Jennifer (5/7/2023). El Món, ed. "TV3 i Catalunya Ràdio es fusionen en una nova marca: neix el 3Cat" (en catalán). Consultado o 6 de agosto de 2023.
- ↑ CCMA, ed. (5/7/2023). "De la fusió de TV3 i Catalunya Ràdio neix 3Cat, la nova marca de futur" (en catalán). Consultado o 6 de agosto de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 Camps Linnell, J. (5/7/2023). El Punt Avui, ed. "De la fusió de TV3 i Catalunya Ràdio neix 3Cat, la nova marca de futur" (en catalán). Barcelona. Consultado o 6 de agostop de 2023.
- ↑ CCMA (2023-10-30). "Neix 3Cat, la plataforma digital de continguts audiovisuals de qualitat en català, amb un ampli catàleg, i oberta a tothom" (en catalán). Consultado o 2023-10-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portal 3cat.cat (en catalán)