Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa
Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa | |
---|---|
Coordenadas | 41°17′26″S 174°46′55″L / -41.290555555556, 174.78194444444 |
País | Nova Zelandia |
Cidade | Wellington City |
Inauguración | 1992 |
Na rede | |
https://www.tepapa.govt.nz | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa, máis coñecido como Te Papa, é un museo nacional de Nova Zelandia que se atopa na cidade de Wellington. Trátase dun museo que mantén unha proposta de integración e traballo multidisciplinar.
Historia
[editar | editar a fonte]O Museo Colonial creado en 1885 foi o seu predecesor, construíuse en Museum Street e James Hector foi o seu primeiro director.[1] Nos anos trinta do século XX trasladouse a un edificio en Buckle Street, preto da Galería Nacional de Arte de Nova Zelandia que en 1992 se fusionou con el, configurando Te Papa Tongarewa pero até o 14 de febreiro de 1998 non se inaugurou no edificio actual estando dirixido por Dame Cheryll Sotheran. Desde entón, recibe a visita dun millón de persoas cada ano.
Coleccións
[editar | editar a fonte]Dispón de diferentes coleccións:
- Historia: cuns 25.000 artigos dos que 7.000 son os vestidos e teas, a máis antiga remóntase ó século XVI. Tamén inclúe o arquivo postal de Nova Zelandia cuns 20.000 selos e obxectos relacionados. Ademais a denominada Colección do Pacífico ten uns 13.000 obxectos históricos e contemporáneos das Illas do Pacífico.
- Historia natural: con coleccións sobre fósiles de vertebrados, plantas, paxaros autóctonos, anfibios, réptiles, insectos e outros animais.
- Cultura: arte e cultura visual, fotografías, tesouros culturais maorís (Taonga Māori), cultura dos pobos do océano Pacífico e de historia social e cultural.
Dispón ademais de varios arquivos e unha extensa biblioteca coñecida como Te Aka Matua. As súas exposicións permanentes amosan un percorrido histórico, cultural e artístico sobre Nova Zelandia e atópanse distribuídas en seis pisos con nomes temáticos como: un xardín, forzas impresionantes, corais, Mana Whenua ou arte maorí xunto a outras dedicadas a obras pictóricas do impresionismo, simbolismo, expresionismo, cubismo e surrealismo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Te Papa Tongarewa. "Object: Colonial Museum".
- ↑ Te Papa Tongarewa. "All Exhibitions". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 19 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)