Tereixa Constenla
Aparencia
(Redirección desde «Tereixa Constenla Fontenla»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (56/57 anos) Arca, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Tereixa Constenla Fontenla, nada en Arca (A Estrada) en 1968, é unha xornalista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa traxectoria profesional en 1990 no diario granadino Ideal, na delegación de Almería. Despois pasou a El País, primeiro na sección social da delegación de Andalucía e desde 2008 na sección de Cultura a nivel estatal e redactora de Babelia; correspondente do xornal El País en Lisboa dende xullo de 2021.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]Castelán
[editar | editar a fonte]- Cuaderno de urgencias (2021). Siruela Nuevos Tiempos. 212 páxs. ISBN 978-84-18859-14-4 . Un libro autobiográfico escrito tras o falecemento da súa parellaÁlex Bolaños.
Galego
[editar | editar a fonte]- Abril é un país. Os heroísmos descoñecidos da revolución dos caraveis (2024). Kalandraka, Ágora K. 360 páxs. ISBN 978-8419213525.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Meridiana do Instituto Andaluz de la Mujer (IAM)
- Premio "José de Juan" de periodismo 2013 convocado pola Deputación de Guadalajara polo artigo "La biblioteca que resiste" (El País, 14 de outubro de 2012)[2]
- XXXI Premio Unicaja de Artículos Periodísticos polo artigo “Leer era cosa de hombres” (El País, 10 de marzo de 2013)[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 2018[4] co tamén xornalista Alejandro Bolaños, do que enviuvou a mediados dese ano. Padeceu un cancro de mama.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kalandraka - Libros para soñar TEREIXA CONSTENLA PRESENTA "ABRIL É UN PAÍS" EN COMPOSTELA". kalandraka.com. Consultado o 2024-04-27.
- ↑ "Tereixa Constenla, premio de Periodismo 2013 de la Diputación" Arquivado 03 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., Castilla-La Mancha 24 horas, 2 de decembro de 2013 (en castelán).
- ↑ "Tereixa Constenla, de la AP-APAL, gana el XXXI Premio Unicaja de Artículos Periodísticos", Guillermo Busutil, páxina web do Colegio de Periodistas de Andalucía en Almería, 9 de outubro de 2014 (en castelán).
- ↑ 4,0 4,1 Constenla, Tereixa (31/8/2018). "Muere Alejandro Bolaños Correa, el hombre que nos hizo mejores". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 1/9/2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Torres Flores, Antonio (6/7/2015). "Tereixa Constenla, la periodista que calificó a doña Letizia como la primera reina de clase media". La Voz de Almería (en castelán).