Terminal axónico

Estrutura dunha sinapse química típica. |
---|
Os terminais axónicos (tamén chamados botóns sinápticos) son as terminacións distais das ramas dun axón. Unha fibra nerviosa axónica é unha longa e delgada proxección dunha célula nerviosa ou neurona, que conduce impulsos eléctricos (chamados "potenciais de acción") desde o corpo celular da neurona ou soma e transmíteos a outras neuronas.
As neuronas están interconectadas de forma complexa, e utilizan sinais electroquímicos e neurotransmisores químicos para transmitir impulsos dunha neurona á seguinte; os terminais axónicos únense ás outras neuronas na sinapse, e están separadas das neuronas veciñas por un pequeno espazo, a través do cal se envían os impulsos. O axón terminal, e a neurona da cal forma parte, denomínase neurona presináptica.
Liberación do impulso nervioso
[editar | editar a fonte]Os neurotransmisores están empaquetados en vesículas sinápticas que se acumulan debaixo da membrana do axón terminal no lado presináptico da sinapse. Os terminais axónicos están especializados en liberar o impulso eléctrico da célula presináptica.[1] Os teminais liberan substrancias transmisoras no espazo ou fenda chamada fenda sináptica situada entre os terminais axónicos e as dendritas da seguinte neurona. A información é recibida polos receptores situados na dendrita da célula postsináptica. As neuronas xeralmente non se tocan unhas con outras, senón que se comunican a través da sinapse.
As moléculas do neurotransmisor están contidas dentro de vesículas que se forman dentro das neuronas, que viaxan ata o extremo do axón, onde se fusionan coa membrana. Os ións de calcio activan despois unha fervenza bioquímica que dá lugar á fusión de vesículas coa membrana presináptica e liberan o seu contido na fenda sináptica uns 180 µs despois da entrada de calcio.[2] Activadas pola unión de ións de calcio, as proteínas da vesícula sináptica empezan a separarse, o que dá lugar á creación dun poro de fusión. A presenza do poro permite a liberación dos neurotransmisores na fenda sináptica.[3] O proceso polo que se libera o contido das vesículas denomínase exocitose.
Desenvolvéronse métodos para visualizar a actividade sináptica no cerebro por medio dunha tinguidura fluorescente que detecta os niveis do calcio e o fluxo de calcio na neurona presináptica.[4] [5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Axon Terminal". Medical Dictionary Online. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o February 6, 2013.
- ↑ Llinás, R; Steinberg, IZ; Walton, K (1981). "Relationship between presynaptic calcium current and postsynaptic potential in squid giant synapse". Biophysical Journal 33 (3): 323–51. PMC 1327434. PMID 6261850. doi:10.1016/S0006-3495(81)84899-0.
- ↑ Chudler, Eric H. (November 24, 2011). "Neuroscience for kids Neurotransmitters and Neuroactive Peptides". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2008. Consultado o febreiro 6, 2013.
- ↑ Sauber, Colleen. "Focus October 20-Neurobiology VISUALIZING THE SYNAPTIC CONNECTION". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2006. Consultado o xullo 3, 2013.
- ↑ Regehr, Wade (1999–2008). "Wade Regehr, Ph.D.". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2010. Consultado o xullo 3, 2013.
- ↑ President and Fellows of Harvard College (2008). "The Neurobiology Department at Harvard Medical School". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2008. Consultado o xullo 3, 2013.
- ↑ "Scholar Awards". The McKnight Endowment Fund for Neuroscience. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2004. Consultado o July 3, 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cragg, Stephanie J.; Greenfield, Susan A. (1997). "Differential Autoreceptor Control of Somatodendritic and Axon Terminal Dopamine Release in Substantia Nigra, Ventral Tegmental Area, and Striatum". The Journal of Neuroscience 17 (15): 5738–46. PMID 9221772.
- Vaquero, Cecilia F; de la Villa, Pedro (1999). "Localisation of the GABAC receptors at the axon terminal of the rod bipolar cells of the mouse retina". Neuroscience Research 35 (1): 1–7. PMID 10555158. doi:10.1016/S0168-0102(99)00050-4.
- Roffler-Tarlov, Suzanne; Beart, P.M.; O'Gorman, Stephen; Sidman, Richard L. (1979). "Neurochemical and morphological consequences of axon terminal degeneration in cerebellar deep nuclei of mice with inherited purkinje cell degeneration". Brain Research 168 (1): 75–95. PMID 455087. doi:10.1016/0006-8993(79)90129-X.
- Yagi, T; Kaneko, A (1988). "The axon terminal of goldfish retinal horizontal cells: A low membrane conductance measured in solitary preparations and its implication to the signal conduction from the soma". Journal of Neurophysiology 59 (2): 482–94. PMID 3351572. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 26 de maio de 2014.