Tuia xigante
Tuia xigante | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Thuja plicata' L. | |||||||||||||||
Representación dixital da distribución da tuia xigante no oeste dos EUA, do "Atlas of United States Trees" por Elbert L. Little, Jr.
|
A tuia xigante[1] (Thuja plicata) é unha especie do xénero Thuja orixinaria de América do Norte. Trátase dunha árbore conífera perennifolia, da familia dos alciprestes, as cupresáceas. En Galiza plántase coma ornamental.
Distribución
[editar | editar a fonte]É unha especie moi importante do oeste dos Estados Unidos, aparece naturalmente polo norte dende o sur de Alasca até a California Central polo sur; no interior aparece na zona húmida da Columbia Británica e polo oeste das Montañas Rochosas en Montana.
Descrición
[editar | editar a fonte]Pode acadar os 60 metros de altura e os 2 metros de diámetro.
As súas follas son cuamiformes, decusadas, verde escuras, lustrosas, brillantes pola face, máis claras, con canles arxénteas e glándulas polo envés. Os seus froitos son conos ovais oblongos, de 1 a 1,7 cm de diámetro, péndulos, formados por 10 a 12 escamas coriáceas, basifixas e imbricadas, con pequeno mucrón subapical contendo cada unha tres sementes.
A madeira é de cor acastañada rosada, cun veado atractivo, liviá, mol, moi resistente á intemperie e ao contacto co chan, doada de traballar e moi estábel. É de crecemento relativamente rápido.
Hábitat e condicións de cultivo
[editar | editar a fonte]A árbore atura climas de frío a temperado húmido, en ambientes costeiros. Soporta ben os fríos intensos e xeadas, tamén a calor. En canto ao solo, atura un amplo rango, desenvolvéndose mellor nos fértiles, fondos, liviáns e ben drenados.
Usos
[editar | editar a fonte]Hoxe en día úsase en xardinaxe coma árbore de sombra e para sebes. A súa madeira imputrescíbel utilízase en carpintaría e ebanistaría fina, e tamén para revestimentos (as tellas de tuia son chamadas "ripias"), postes, aberturas, tonelaría .
Tradicionalmente tiña moitísimos usos, tantos que os indios indíxenas da costa Norte-Oeste chamábanse entre si "indios da tuia xigante". Ademais dos seus sonados tótems monumentais, tiraban da árbore (ás veces aínda sen a tallar) táboas e madeira para todo tipo de construcións e trebellos. Tamén apañaban e tecían a casca para facer roupa, cordas e redes. Outro uso era a fabricación de canoas, unha tarefa complicada que consistía en tallar a árbore e facer os enormes toros ocos grazas ás ferramentas de pedra ou cuncha; con estas rexas canoas ían ao mar na procura de baleas.
Árbores senlleiras en Galiza
[editar | editar a fonte]A tuia xigante do Pazo de Torres de Agrelo en Redondela (Pontevedra), figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar preferido en galego en Termos Esenciais de Botánica do Servizo de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela, 2004
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tuia xigante |