Tratado de Santarém
Aparencia
O tratado de Santarém foi un pacto que se celebrou o 19 de marzo de 1373 entre os reis Fernando I de Portugal e Henrique II de Castela, no contexto das guerras fernandinas.[1][2][3]
Segundo este tratado, o Reino de Portugal era obrigado a aliarse con Francia e Castela contra Inglaterra e expulsar os exilados casteláns e galegos, que loitaran a carón do rei portugués antes deste tratado,[4] entre eles Fernando Ruiz de Castro e os seus cabaleiros, alí aloxados dende a batalla de Porto de Bois, e o conde Xoán Fernández de Andeiro. O rei Fernando tamén concedeu grandes compensacións e prometeu a súa media irmá, Beatriz, en matrimonio con Sancho de Alburquerque, irmán de Henrique II.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aillaud, J. P. (1842). Quadro elementar das relações politicas e diplomáticas de Portugal com as diversas potencias do mundo. París: Em Casa de J.P. Aillaud. p. 470.
- ↑ Russell, P. E. (1951). Imprensa da Universidade de Coímbra, ed. "Fernão Lopes e o Tratado de Santarém" (PDF). p. 1. Consultado o 11/8/2020.
- ↑ Pinto, Vitor (2015). Faculdade de Letras da Universidade do Porto, ed. "De tratado em tratado até o casamento final: o casamento de D. João I com D. Filipa de Lencastre" (PDF). pp. 16–17. Consultado o 11/8/2020.
- ↑ Revista Hidalguía número 120 (en castelán). Madrid: Ediciones Hidalguia. 1973. p. 744.
- ↑ D. João I - biografia, por João Macdonald, Planeta DeAgostini, 2006