Ferrocarril de cremalleira
Aparencia
(Redirección desde «Tren cremalleira»)
Un ferrocarril de cremalleira é un tipo particular de ferrocarril que basea o seu funcionamento no axuste mecánico coa vía por medio dun terceiro raíl dentado ou «cremalleira».
A disposición mencionada permite que sexa utilizado en zonas onde haxa unha gran pendente de máis do 8%,[1] nas cales o funcionamento por adherencia entre carrís e rodas non sería posible debido á escasa fricción entre elas.
A súa orixe remóntase a 1812 cando o inglés John Blenkinsop construíu unhas vías de cremalleira para unha máquina locomotora lenta. Despois, en 1862 o suízo Niklaus Riggenbach colocou a cremalleira nun terceiro raíl.
En España hai dous trens cremalleira, os dous en Cataluña, para acceder a Montserrat e Núria.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Funcionamento do cremalleira
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O Ferrocarril". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2016.