Transit Improvement Program
Transit Improvement Program ou TIP, previamente coñecido como Triad, foi un programa para mellorar a precisión dos satélites Transit.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Os tres satélites TIP foron usados para probar novos conceptos a usar nos satélites Transit e mellorar a súa precisión.
TIP 1, lanzado por un Scout B1 o 2 de setembro de 1972, era un satélite formado por tres corpos en liña unidos por mastros que servían como estabilizadores por gradente gravitatorio na dirección radial. Un volante de inercia estabilizaba o satélite en cabeceo e guiñada. A principal mellora proporcionada por este satélite era que seguía unha traxectoria sen rozamento grazas a unha esfera en caída libre no corpo central do satélite que servía para medir calquera deceleración causada pola atmosfera residual á altura da órbita do satélite e ser correxida mediante os micropropulsores do mesmo. A enerxía de TIP 1 era proporcionada por un xerador termoeléctrico de radioisótopos.[2][1]
TIP 2 e 3, lanzados por foguetes Scout D1 o 12 de outubro de 1975 e o 1 de setembro de 1976, usaban unha forma simplificada do sistema de corrección de rozamento de TIP 1, usando propulsores de plasma pulsado. Os satélites integráronse no sistema de navegación Transit e unhas versións lixeiramente melloradas foron lanzados mediante a denominación de Nova.[3][1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3] | Data de lanzamento[1][2][3] | Foguete lanzador[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|
TIP 1 | 2 de setembro de 1972 | Scout B1 | Éxito |
TIP 2 | 12 de outubro de 1975 | Scout D1 | Éxito |
TIP 3 | 1 de setembro de 1976 | Scout D1 | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2024). "Triad 1" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Triad 1 (TIP 1, NNS)" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "TIP 2, 3 (Triad 2, 3 / NNS)" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2024.