Universidade Politécnica de Cartaxena
Aparencia
(Redirección desde «Universidade Politécnica de Cartagena»)
Universidade Politécnica de Cartaxena | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Cartaxena |
Fundación | 1998 |
Datos actuais | |
Reitor | Alejandro Díaz Morcillo |
Alumnos | 7.210 |
Datos de contacto | |
Enderezo | Edif. La Milagrosa, praza do Cronista Isidoro Valverde, 30202 Cartaxena, Murcia |
Páxina web | http://www.upct.es/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Politécnica de Cartaxena ou UPCT é unha universidade pública española situada na cidade de Cartaxena, na Rexión de Murcia. Existe oficialmente dende o 3 de agosto de 1998 e as súas escolas son fundamentalmente de índole tecnolóxica e empresarial.
Campus
[editar | editar a fonte]A UPCT conta con varios campus en diferentes áreas da cidade de Cartaxena:
- Campus de Alfonso XIII, campus orixinario no centro da cidade. Está composto polos edificios da ETSIA, ETSAE, e ETSINO e EICM que comparte o edificio que antes ocupaba a FCCE.
- Campus Muralla del Mar, composto polo antigo Hospital de Mariña, sede da ETSII, e o antigo Cuartel de Antiguones, no que se acha a ETSIT. Neste campus encóntrase o edificio de I+D+I, onde conviven tres grupos de traballo: o Servizo de Apoio á Investigación Tecnolóxica (SAIT), o Instituto de Biotecnoloxía Vexetal (IBV) e o Centro de Tecnoloxía e Sistemas de Información (CTSI); ademais do Edificio de Laboratorios de Investigación (ELDI) e a Casa do Estudante.
- Campus CIM, antigo Cuartel de Instrución de Mariñeiría. O edificio data do século XVIII, e actualmente alberga a FCCE e o Museo Naval.
Centros docentes
[editar | editar a fonte]- Escola Técnica Superior de Enxeñaría Agronómica (ETSIA).
- Escola Técnica Superior de Enxeñaría Industrial (ETSII).
- Escola Técnica Superior de Enxeñaría Naval e Oceánica (ETSINO).
- Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Telecomunicación (ETSIT).
- Facultade de Ciencias da Empresa (FCCE).
- Escola Técnica Superior de Arquitectura e Edificación (ETSAE).
- Escola Universitaria de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos e de Enxeñaría de Minas (EICM).
- Centro Universitario da Defensa (CUD), centro público adscrito
- Escola Universitaria de Turismo (ETCT), centro privado adscrito.