Saltar ao contido

Universidade Portucalense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade Portucalense
Logo
Tipouniversidade
Data de fundación30 de xuño de 1986
Localización
EnderezoRua Dr. António Bernardino de Almeida, 541
EnParanhos
PaísPortugal
41°10′48″N 8°36′25″O / 41.18, -8.606944
Na rede
https://www.upt.pt/
Instagram: universidadeportucalense Dialnet: 2950564 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade Portucalense Infante D. Henrique, ou apenas Universidade Portucalense (UPT), é unha institución de ensino superior e investigación creada co apoio legal da Orde núm. 122/86 do 28 de xuño e recoñecida pola súa utilidade pública.[1] Fundada en 1986, está organizada en seis departamentos que abranguen desde Arquitectura até Turismo. Conta espazos para o estudo e a socialización como laboratorios informáticos, biblioteca, cantinas, foruns e prazas etc.

Localización

[editar | editar a fonte]

UPT está situada no campus de Asprela, no Porto, xunto ao Hospital de S. João e a IPO.[2] Na entrada da universidade están dispoñíbeis varios medios de transporte: os autobuses STCP 6, 54, 59 e 79 e o metro do Porto coa Liña D (amarela).

Investigación

[editar | editar a fonte]

A política de investigación da UPT baséase en principios, valores e directrices que reflicten unha visión da utilidade da I+D+i para a sociedade. A principal función da universidade é xerar coñecemento, difundilo internamente a través da docencia e divulgalo externamente por diversas vías.[3]

Instituto Jurídico Portucalense

Fundouse en 2007 para cumprir cos novos requisitos legais do Réxime Xurídico das Institucións de Ensino Superior. Este instituto é a continuación do creado en 1987, onde se fixeron diversos cursos de posgrao e especialización, xornadas organizadas polo Departamento de Dereito e a publicación da Revista Jurídica. Os seus obxectivos inclúen promover o coñecemento e a investigación científica, realizar formacións complementarias e de posgrao, e colaborar con entidades públicas e privadas, nacionais e internacionais.

Instituto Portucalense de Desenvolvemento Humano

Ten como obxectivo promover a investigación científica sobre o ser humano desde unha perspectiva integradora que favoreza o benestar, a saúde e a mellora dos procesos educativos. Intégrase na UPTi, responsábel de coordinar e implementar a política de investigación da UPT.

REMIT

REMIT – Research on Economics, Management and Information Technologies - é unha unidade de investigación multidisciplinar e interdisciplinar que procura comprender as dinámicas económicas e tecnolóxicas actuais e os seus efectos, contribuíndo ao deseño de estratexias organizativas e políticas públicas. Ten como obxectivo responder aos retos da sociedade cun enfoque holístico, no que compiten varios dominios científicos: Economía; Xestión; Finanzas; Turismo; Patrimonio; Historia; Enxeñaría, Tecnoloxía e Sistemas de Información; Matemáticas e Estatística.[4]

O centro estrutúrase en cinco grupos de investigación, que conforman o seu núcleo científico:

1.      Inovação, Empreendedorismo e Dinâmicas Económicas;

2.      Estratégia e Competitividade;

3.      Território e Desenvolvimento;

4.      Finanças; 

5.      Análise de Dados e Apoio à Decisão. 

Escola de Arquitectura

[editar | editar a fonte]

O Departamento Gallaecia, dirixido por Mariana Correia, foi integrado na UPT, provinte da Escola Superior Gallaecia de Vila Nova de Cerveira.

Decretos e ordenanzas aplicadas á UPT

[editar | editar a fonte]
  • Decreto-Lei n.º 64/2006, do 21 de marzo, polo que se regulan as probas destinadas a avaliar a capacidade de cursar estudos superiores dos maiores de 23 anos.
  • Decreto-Lei núm. 90/2008, do 30 de maio: Réxime xeral de acceso e ingreso ás ensinanzas superiores (Decreto Lei núm. 296-A/98 da República)
  • Resolución núm. 1664/2008, do 17 de xuño: Regulamento de aplicación do disposto no artigo 20. º-A do Decreto-Lei núm. 296 -A/98
  • Ordenanza núm. 1031/2009, do 10 de setembro de 2009: probas de acceso obrigatorias.
  • Decreto-Lei núm. 113/2014, do 16 de xullo, polo que se regulan os concursos especiais
  • Decreto-Lei n.o 420/2018, do 20 de abril - Regula a prohibición de disparar canóns a ningún alumno.
  • Resolución núm. 890/2013: Exames finais
  1. "Sobre a UPT". Universidade Portucalense - Infante D. Henrique (en portugués). Consultado o 2024-10-23. 
  2. "UNIVERSIDADE PORTUCALENSE INFANTE D.HENRIQUE E COOPERATIVA DE ENSINO SUPERIOR, C.R.L. en Porto en europages". www.europages.es. Consultado o 2024-10-23. 
  3. "Universidade Portucalense Infante D Henrique Ranking". www.scimagoir.com. Consultado o 2024-10-23. 
  4. "REMIT - Research on Economics, Management and Information Technologies". remit.upt.pt (en inglés). Consultado o 2024-10-23. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]