Usuario:Henry Moleskine/Caixa de area
Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea | |
---|---|
Tipo | O.N.G. |
Fundación | 1995 |
Localización | Santiago de Compostela, Galicia |
A Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea é unha organización non gubernamental de axuda ao desenvolvemento e comercio xusto situada en Santiago de Compostela.
Foi fundada en 1995 por un antigo grupo de voluntarios que buscaban a su propia maneira de facer chegar o consumo responsábel, o comercio xusto e a acción social a Santiago de Compostela e Galicia."[1]
Panxea é gobernada de maneira asemblearia polos seus membros, que organizados por comisións, presentan e discuten as súas propostas. Ademais da asemblea xeral anual, conta con reunións semanais, abertas á participación pública."[2]
Xunto ás actividades de educación social, sensibilización e axuda ao desenvolvemento conta cunha tenda pública de produtos de comercio xusto e ecolóxico.
Forma parte da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel, da Iniciativa pola Soberanía Alimentaria dos Pobos e do Espacio por un Comercio Justo (Espazo por un Comercio Xusto)."[3]
Panxea recibiu o Premio Vagalume 2006 concedido polo Concello de Santiago ao proceso de sensibilización e difusión do Comercio Xusto levado a cabo na cidade, ademais de outros premios e citacións menores."[4]
Traballo e Organización
[editar | editar a fonte]A actividade principal de Panxea adscríbese ao Comercio Xusto. A difusión principal lévase a cabo nun establecemento de venda ao público.
Os produtos son adquiridos mediante importadoras de Comercio Xusto, encargadas de garantir a orixe e respecto de dito produto aos principios internacionais do Comercio Xusto
O resto da educación, difusión e sensibilización lévase a cabo mediante a preparación de actos, conferencias e obradoiros.
Ver tamén
[editar | editar a fonte]
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Páx.1"Estatutos da Asociación Panxea" (Word). Asociación panxea. Consultado o 2009-04-20.
- ↑ Páx.2"Estatutos da Asociación Panxea" (Word). Asociación panxea. Consultado o 2009-04-20. Texto "Pag.2" ignorado (Axuda)
- ↑ "http://panxea.org/panxeablog/?page_id=105". Ligazón externa en
|title=
(Axuda) - ↑ "Premio Vagalume 2006".
Ligazóns Externas
[editar | editar a fonte]- PanxeaBlog [[1]]