Uxío Labarta
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (75/76 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, investigador |
Uxío Santiago Labarta Fernández, nado en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1949, é un biólogo, investigador, economista, político e xestor público galego, vinculado ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e ao CSIC.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a traballar en Vigo como investigador no IIM (Instituto de Investigacións Mariñas) do CSIC en 1972, do que foi secretario de 1979 a 1983. Foi director do gabinete de estudos da presidencia do CSIC (1983-86), asesor da presidencia do CSIC (1986-88), secretario do programa nacional de recursos mariños e acuicultura da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía (1988-90) e director do IIM (1990-1994).[4]
Profesor de investigación no CSIC, asistiu ós cursos no Centro Oceanográfico de Brest (Francia), no que acadou a diplomatura en avaliación de recursos mariños pola FAO. Foi membro dos comités científicos da Comisión Internacional dos Caladoiros do Sueste Atlántico, onde estudou os caladoiros de pescada e crustáceos de África do Sur, e traballou na Comisión Internacional dos Caladoiros do Noroeste Atlántico co equipo que investigou os de bacallau e cefalópodos das augas do Canadá e dos Estados Unidos de América.[4]
Membro plenario do Consello da Cultura Galega (1991-1993), foi deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia na IV lexislatura, 1993-1997.[5]
Diplomouse en Organización e Xestión da Investigación Científica polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) de Alcalá de Henares. No ano 1997 doutorouse na USC coa tese Desarrollo larvario de Ostrea edulis L. Nutrición y reservas energéticas.[6]
Foi fundador e presidente da Asociación de Biólogos de Galicia. Formou parte do consello de redacción da revista Braña, Boletín da Sociedade Galega de Historia Natural, e, dende 2003, da revista Grial.[7] Foi xurado dos Premios da Crítica Galicia.[8]
Foi coordinador en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (2006-2012).[9]
Obra
[editar | editar a fonte]Asesor da Enciclopedia Galega Universal e columnista de La Voz de Galicia dende o ano 2002,[10] é autor de varios libros, informes e máis de 150 artigos,[11] no campo da investigación mariña, a pesca nas costas e rías galegas e a acuicultura, desde os puntos de vista económicos e ecolóxicos, en particular sobre enerxía fisiolóxica, nutrición e cultivo de moluscos bivalvos como o mexillón.[4] Entre eles pódense citar:
- A pesca galega e a sua investigación, Rueiro, 1978. ISBN 84-85220-23-4.[12]
- A Galicia mariñeira, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1985, ISBN 84-7154-492-X.[13]
- Desarrollo larvario de Ostrea edulis L. Nutrición y reservas energéticas, 1997, tese de doutoramento. USC.[6]
- Desarrollo e innovación empresarial en la acuicultura. Una perspectiva gallega en un contexto internacionalizado, 2000, Fundación Caixa Galicia.[14]
- La industria del mejillón. Mercados internacionales, productos y países (con Eduardo P. Corbacho), 2000, Fundación Caixa Galicia.
- Bateeiros, mar, mejillón. Una perspectiva bioeconómica (coordinador), 2004, Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-95491-69-9.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diciopedia do século 21, t. 2, p. 1179.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal, t. 11, p. 43.
- ↑ Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 36, p. 80.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gran Enciclopedia Galega, en DVD.
- ↑ Dicionario biográfico de Galicia, t. 2, p. 210.
- ↑ 6,0 6,1 Resumo da tese Arquivado 15 de abril de 2016 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ "Historia da revista Grial". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2016. Consultado o 04 de abril de 2016.
- ↑ "Premios da Crítica Galicia". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2016. Consultado o 04 de abril de 2016.
- ↑ "El biólogo marino Uxío Labarta deja tras seis años la coordinación del CSIC en Galicia" Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 22/2/2013 (en castelán).
- ↑ Codex Floriae (en castelán).
- ↑ Digital CSIC
- ↑ "Portada de: A pesca galega e a sua investigación". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2016. Consultado o 04 de abril de 2016.
- ↑ A Galicia Mariñeira Google Books.
- ↑ Desarrollo e innovación empresarial en la acuicultura
- ↑ Bateeiros, mar, mejillón. Una perspectiva bioeconómica
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Guerra, Á. e Prego, R. (2003). El Instituto de Investigaciones Pesqueras. Tres décadas de historia... CSIC. ISBN 978-84-00-08195-9
- López Torre, Rafael Trinta anos do Parlamento de Galicia 1981-2011 Arquivado 21 de agosto de 2012 en Wayback Machine., páxina 191. ISBN 978-84-7836-097-0
- Sebastián, J. e Ramos, I. ed. (2011). Funciones y organización del sistema público de I+D en España CSIC, ISBN 978-84-15-01848-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Urge cambiar el modelo de gestión de la pesca de bajura", Faro de Vigo, 23/8/2009 (en castelán).