Saltar ao contido

Represión franquista en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vítimas da guerra civil en Galicia»)
Monumento a Alexandre Bóveda no lugar onde foi fusilado o 17 de agosto de 1936

Durante o franquismo aplicáronse en Galicia, de maneira variable segundo o período histórico, varias formas de represión. A fase máis dura foi a que coincidiu coa Guerra civil española e o momento da inmediata posguerra.

O número exacto de mortes causado pola represión franquista en Galicia é descoñecido debido a problemas para identificar as vítimas, en especial debido á política de ocultamento e silencio que levou a cabo o réxime. A maioría de mortes foron de carácter extraxudicial, o cal permitía camuflalas nos rexistros oficiais.

O estudo máis completo que existe até o día de hoxe é o do proxecto interuniversitario "Nomes e Voces", que estudou a represión durante a época da guerra civil (1936-1939). Este proxecto tivo que rematar en 2013 por falta de apoio institucional.[1] O último informe, con resultados provisionais, emitido polo equipo do proxecto concluíu que durante a guerra foron executadas en Galicia cando menos 4.699 persoas e outras 3.566 condenadas a penas de prisión en consello de guerra por delitos relacionados co conflito.[2] Dos 4.699 mortos, 4.619 foron homes e 80 mulleres.[2]

O informe clasifica os falecidos en dous bloques, segundo as circunstancias da morte:

circunstancias Mortes
Extraxudicial (paseados, execucións sen formación de causa, morte na cadea, mortes en tiroteos) 3.233
Execucións 1.466

Existen outros estudos que dan cifras aproximadas do alcance da represión mortal en Galicia, incluíndo polo xeral tamén ás execucións posteriores á guerra.

Ámbito territorial Represión franquista
A Coruña 1.165[3][a]
1.579[b]
Lugo[c] 625[6][7][d]
Pontevedra 1.200-2.000[8][e]
2.500[9][10]
Ourense[11][f] 626-742
Toda Galicia 3.616[g]
4.265[12]
4.699[2]
5.446[h]
5.800[13][i]
4.500-7.000[14]
7.000-8.000[15]

Tamén existen estimacións de carácter local ou comarcal.

Cifras a nivel local e comarcal

[editar | editar a fonte]

Igualmente moitos dos datos máis fiábeis son os de ámbito local ou comarcal.

Concello ou comarca Período Mortos
A Coruña (comarca)[16] 1936-1939 595
Ferrolterra[17] 1936-1976 984
Pontevedra[18] 1936-1939 200
O Baixo Miño[10] 1936-1941 552[j]
O Condado-A Paradanta[19] 1936-1939 71[k]
O Porriño[20] 1936-1940 74[l]
Salceda de Caselas[21] 1936-1939 39
O Grove[22] 1936-1948 25
Cerdedo[23] 1936-1941 18
Sober[24][m] 1936-1940 18

Prisión e campos de concentración

[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Campo de concentración#En Galicia durante a Guerra civil

A inxente cantidade de presos xerada polo golpe de estado non podía ser absorbida polas prisións que xa existían previamente. Isto fixo que os golpistas habilitasen numerosos edificios como novas prisións e creasen varios campos de concentración ao longo do territorio galego. Máis tarde, en especial coa caída da Fronte do Norte da Guerra civil española en 1937 moitos destes campos foron usados para recluír aos presos de guerra republicanos dos novos territorios conquistados. As condicións nos campos de concentración eran paupérrimas.

As epidemias, tortura, execucións e fame causaron a morte de moitos presos.[25] Destacan exemplos como o da Illa de San Simón, onde dun total de 2.176 presos morreron 666 a causa da fame e as privacións, É dicir, un 30,6% do total.[26] A estes hai que engadirlles os case 300 presos do mesmo campo de concentración que foron asasinados.[27] No Campo de concentración de Camposancos foron fusilados sobre uns 250 presos entre 1938 e 1941.[28]

Algúns campos de concentración e prisións franquistas que existiron en Galicia foron:

Exilio galego

[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Exilio galego de 1936

Miles de galegos tiveron que abandonar o país como consecuencia directa do triunfo do golpe de 1936. Os destinos foron diversos, destacando Francia, México, o Uruguai ou a Arxentina. Os exiliados continuaron desenvolvendo unha importante actividade política[30], creando institucións coma o Consello de Galiza en 1944.

Represión antiguerrilleira

[editar | editar a fonte]

Despois da guerra algúns opositores ao réxime, en particular os fuxidos que vivían nas montañas, formaron un movemento armado de resistencia ao franquismo coñecido como "Guerrilla antifranquista" ou "Maquis". A represión contra este movemento tamén afecto a aquelas persoas, ou familias enteiras, percibidas como colaboradoras da guerrilla. Numerosos guerrilleiros capturados foron fusilados.[31]

Represión lingüística e cultural

[editar | editar a fonte]

Na guerra e primeiros anos de posguerra, o réxime perseguiu de forma sistemática a lingua e a cultura galega, sobre todo na administración, nos medios de comunicación, na escola, na universidade, na sinalización pública e en xeral en toda manifestación pública.[32] Os nomes propios non casteláns foron ilegais até 1976[33], os funcionarios tiñan prohibido falar outro idioma que non fose ao castelán, e a prohibición de películas que non estivesen nesta lingua[34]. Os principais axentes represivos no caso galego a nivel lingüístico eran, porén, a Igrexa Católica e a escola.[35] Esta última ridiculizaba á lingua e aplicaba duros castigos contra os nenos que a falaban en clase.[36] Prohibíronse publicacións en lingua galega e multouse a xornais (entre eles La Voz de Galicia) por dar premios a poemas en galego.[37]

Represión tardofranquista

[editar | editar a fonte]

No tardofranquismo (finais dos 60-1977) produciuse unha repunta da represión, tras a relativa calma dos anos anteriores. A causa destas novas vagas represivas foi o aumento da oposición e das protestas populares, así como a reorganización da disidencia (por exemplo, a aparición nos 60 de novos partidos como a Unión do Povo Galego ou o Partido Socialista Galego ou sindicatos clandestinos como Comisións Obreiras). Esta represión implicou un aumento da cantidade de presos políticos, un novo fenómeno de exilio e varias mortes.

As primeiras grandes mobilizacións ocorreron na primeira década dos 60. En 1963 os labregos de Mazaricos protestaron contra a intención de facer repoboacións forestais en varios montes tradicionalmente aproveitados para o pasto do gando. Tras ameazar coas súas fouces aos enxeñeiros que facían a demarcación para a repoboación forestal, interveu a Garda Civil co resultado dun campesiño morto e varios feridos.[38] En 1966 produciuse o conflito de Castrelo de Miño, onde os veciños loitaron contra as expropiacións e a construción dun salto hidroeléctrico que anegaría o seu val, sendo varios veciños acusados de sedición e xulgados no Tribunal de Orde Pública (TOP).[39]

En 1968 producíronse unhas fortes protestas estudantís en Compostela. A represión causou ducias de feridos, varios alumnos foron expulsados e oito ingresaron no cárcera da Coruña.[40] En 1972 a policía disparou contra unha manifestación obreira en Ferrol, matando a dúas persoas: Amador Rey e Daniel Niebla (ambos militantes de Comisións Obreiras). Ademais dos dous mortos houbo 16 feridos de bala e ducias por outras lesións, 160 despedidos, 101 detidos, 60 encarcerados e 54 multados con entre 50.000 e 250.000 pesetas. En setembro dese mesmo ano produciuse unha folga xeral en Vigo que durou dúas semanas e sumou a miles de traballadores. 6.000 foron despedidos, número que finalmente quedou en 400.[41] Houbo numerosas detencións e casos de tortura.[42] En setembro de 1975 foron fusilados dous militantes do FRAP: Xosé Humberto Baena Alonso e Xosé Luís Sánchez Bravo, xunto con dous vascos e un aragonés. Un mes antes, o 12 de agosto, foi morto pola policía armada o dirixente da UPG Moncho Reboiras. O 1 de maio do mesmo ano un traballador de ENDESA, Manuel Montenegro Simón, foi asasinado por un policía durante unha manifestación convocada pola Liga Comunista Revolucionaria e o PCE (m-l) en Vigo.[43]

  1. Estudo sobre as persoas que foron executadas de maneira xudicial ou extraxudicial entre 1936 e 1939. Datos parciais ou estudo sen completar.
  2. Só inclúe ás vítimas asasinadas nas comarcas de: A Coruña, O Eume, Ferrol e Ortegal.[4][5]
  3. 1936-1940
  4. Datos parciais ou estudo sen completar.
  5. Datos parciais ou estudo sen completar, 1936-1940.
  6. 1936-1939
  7. Cifra mínima en base aos estudos provinciais.
  8. Cifra máxima en base aos estudos provinciais.
  9. 800 a causa de represión legal como consecuencia de xuízos sumarísimos e 5.000 como consecuencia da represión paralegal.
  10. 252 eran veciños da comarca e 300 prisioneiros dos dous campos de concentración que operaban na zona.
  11. Só se inclúen ás vítimas de represión extraxudicial.
  12. 50 porriñeses e 24 veciños doutras localidades.
  13. Fontes utilizadas para a lista: https://sober1936.wordpress.com/fontes/
Referencias
  1. M. L. (2013). O Proxecto Nomes e Voces abafado polo PP despois de sete anos de recuperar a memoria Arquivado 24 de decembro de 2018 en Wayback Machine.. Sermos Galiza.
  2. 2,0 2,1 2,2 Informe do proxecto As vítimas, os nomes, as voces e os lugares Arquivado 18 de abril de 2018 en Wayback Machine., de xullo do 2008 (pdf) Datos actualizados en xaneiro de 2012.
  3. Base de datos do proxecto "Nomes e Voces", 2012.
  4. Bernardo Máiz Vázquez, Xosé Manuel Suárez . (2018). Listaxe memorial de vítimas do franquismo. Ferrol: Concello de Ferrol.
  5. Lourenzo Fernández Prieto. (2011). A represión franquista na comarca da Coruña. Ames: Laiovento. Pages 233-242.
  6. Juliá, S., & Casanova, J. (1999). Víctimas de la guerra civil. Temas de Hoy.
  7. Blanco, M. J. S. (1998). La represión franquista en la provincia de Lugo: 1936-1940 (Doctoral dissertation, Universidade de Santiago de Compostela).
  8. de Juana López, Jesús (2006). Lo que han hecho en Galicia: Violencia política, represión y exilio, 1936-1939. Barcelona: Editorial Crítica. Pages 160-164.
  9. Pereira, D. (2004). A represión franquista na provincia de Pontevedra (1936-1950). Unión libre: cadernos de vida e culturas, (9), 33-45.
  10. 10,0 10,1 Alonso Fernández, B.; Rodríguez Gallardo, A.; Paz Antón, X. R.; Pereira, D.; Álvarez Caccamo, X. M.; Rodrígues, A.; Gonçalves, A.; Meixome, C.; Alonso, B.; Marco, A.; Domíngues, J. (2008). O Miño, unha corrente de memoria: actas das Xornadas sobre a Represión Franquista no Baixo Miño, (2006-2007). Ponteareas: Editorial Alén Miño.
  11. Rodríguez, J. P. (2004). Ourense, 1936-1939: alzamento, guerra e represión. Ed. do Castro. Page 573.
  12. Preston, P. (2011). El holocausto español: odio y exterminio en la Guerra Civil y después. Debate.
  13. Alonso, B. (1997): Idade contemporánea (século XX). In: Historia Xeral de Galicia. A Nosa Terra. pp. 377. ISBN 9788489138995
  14. Rodríguez, J. P. (2006). Rebelión militar y represión franquista en Galicia. Studia historica. Historia contemporánea, 24.
  15. Farías, R. (2007). Sucumbir a merced de la calumnia y la infamia": represión, pauperización y muerte entre la Guerra Civil española y la década de 1940. A Estrada: Miscelánea histórica e cultural, (10), 163-186.
  16. Fernández Prieto, L. (2011). A represión franquista na comarca da Coruña. Ames: Laiovento. Pages 233-242.
  17. Máiz Vázquez, B. and Manuel Suárez, X. (2018). Listaxe memorial de vítimas do franquismo Arquivado 06 de novembro de 2018 en Wayback Machine.. Ferrol: Concello de Ferrol.
  18. Álvarez Castro, X. (2013). Pontevedra nos anos do medo: Golpe militar e represión (1936-1939). Vigo: Xerais.
  19. Rodríguez Gallardo, A. (2006). O ruído da morte: a represión franquista en Ponteareas (1936-1939). A Coruña: Ediciós do Castro.
  20. Paz Antón, X. R. (2007). O Porriño, 1936. A Nosa Terra. ISBN 9788483411575
  21. Paz Antón, X. R. (2019). Salceda de Caselas republicana, 1936. Concello de Salceda de Caselas.
  22. Mascato, A. (2006). Atila no Grove. (Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948). Edicións Positivas.
  23. Pereira, D. (2006). A II República e a represión franquista no Concello de Cerdedo Arquivado 24/12/2018, en Wayback Machine.. Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes "Verbo Xido". p. 29
  24. Vítimas do franquismo en Sober Sober1936.
  25. Gómez, F. M. (2015). La gran acción represiva de Franco que se quiere ocultar. HISPANIA NOVA. Primera Revista de Historia Contemporánea on-line en castellano. Segunda Época, 183-210.
  26. Amoedo López, G., & Moure, R. G. (2007). Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón. Xerais. p. 70
  27. de Juana López, J. (coord) (2006). Lo que han hecho en Galicia: violencia, represión y exilio, 1936-1939. Grupo Planeta, p. 161.
  28. Alonso Fernández, B.; Rodríguez Gallardo, A.; Paz Antón, X. R.; Pereira, D.; Álvarez Caccamo, X. M.; Rodrígues, A.; Gonçalves, A.; Meixome, C.; Alonso, B.; Marco, A.; Domíngues, J. (2008). O Miño, unha corrente de memoria: actas das Xornadas sobre a Represión Franquista no Baixo Miño, (2006-2007). Ponteareas: Editorial Alén Miño. p. 224
  29. Hernández, C. (2017). La cárcel franquista de Lugo reabre sus puertas convertida en un centro para la memoria. eldiario.es
  30. Seixas, X. M. N., & Farías, R. (2009). Transterrados y emigrados: una interpretación sociopolítica del exilio gallego en 1936. Arbor, 185(735), 113-127.
  31. Xurxo, M. (2008). El paisaje ausente: por una arqueología de la guerrilla antifranquista en Galicia. Complutum, 19(2), 213-237.
  32. Preston, P. (2007). The Spanish Civil War: reaction, revolution and revenge. WW Norton & Company.
  33. Barreiro Carballal, C. (2014). Luchas de ayer, disputas de hoy y desafíos de mañana, Editorial Cultiva Libros S.L.
  34. Juvino, F., & Pilar, M. (2008). A Represión lingüística en Galiza no século XX. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
  35. Rei, F. F. (2016). Situación da lingua galega desde 1963 á actualidade. Lengas. Revue de sociolinguistique, (79).
  36. da Torre, M. R., & Silva, X. M. B. (2016). A repressão franquista na língua galega. A desfeita de uma realidade linguística, cultural e nacional. Caracol, (11), 10-37.
  37. Murado, M. A. (2008). Otra idea de Galicia. Debate Editorial. P. 186.
  38. Publicación Murguía (2006). A epopea esquecida do campesiñado galego. Vieiros.
  39. Outeiriño, M. (2016). Castrelo en pie de de guerra (1966): "Muchos lloraron al ver el agua". La Región.
  40. Pérez Pena, M. (2018). 50 anos do 'maio do 68' de Compostela, que se adiantou dous meses ao de París. Praza Pública.
  41. Pérez Pena, M. (2018). "A folga xeral de Vigo de 1972 foi o maior éxito histórico da clase obreira galega". Praza Pública.
  42. Rodrigues, N. (2017). Vigo 1972. Novas da Galiza.
  43. Méndez Ferrín, X. L. (2013). Mil novecentos setenta e cinco. Faro de Vigo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]