Vanesa Sotelo
Aparencia
(Redirección desde «Vanesa Martínez Sotelo»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Vanesa Martínez Sotelo 1981 (42/43 anos) Cangas, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Drama |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | actriz, dramaturga |
Vanesa Martínez Sotelo, nada en Cangas en 1981, é unha actriz e dramaturga galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en dirección de escena pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Traballou en varias compañías teatrais como Aula de Teatro da Universidade de Santiago, na compañía francesa Amphi-Théâtre, Teatro no Aramio e en Inversa Teatro na que prepara a estrea da obra Expostas da que é coautora. No Centro Dramático Galego foi dramaturga residente coa obra Estigma e artista en residencia en 2009 co proxecto Corpo-puta-vaca-berro. É membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro.
Obra
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]- Campo de covardes, 2012, Difusora.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Estigma, 2009, Laiovento. Con Jacobo Paz e Rubén Ruibal.
- Banqueiros, 2012, Laiovento.
Premios
[editar | editar a fonte]- IV Premio “Diario Cultural” de Teatro Radiofónico 2010 pola obra Indoor.
- XIII Premi de Teatre Josep Robrenyo de Catalunya 2010 pola obra Memoria do incendio.
- Premio Mondoñedo 10 de teatro 2018 por Nome: Bonita.