Sistema ventricular
Aparencia
(Redirección desde «Ventrículo cerebral»)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O sistema ventricular é un conxunto de estruturas que conteñen líquido cefalorraquídeo no cerebro (encéfalo). Continúase no conduto central da medula espiñal.
Compoñentes
[editar | editar a fonte]O sistema contén catro ventrículos, ventrículos laterais dereito e esquerdo, terceiro ventrículo e cuarto ventrículo.
Existen pequenos orificios (entre o terceiro e o cuarto ventrículo un conduto) que interconectan os ventrículos, pero só os dous primeiros da lista de abaixo se consideran xeralmente como partes do sistema ventricular:
Nome | Orixe | Destino |
forame interventricular (ou Forame de Monro) | ventrículos laterais | terceiro ventrículo |
acueduto cerebral (ou Acueduto de Silvio) | terceiro ventrículo | cuarto ventrículo |
abertura mediana (ou Forame de Magendie) | cuarto ventrículo | espazo subaracnoide / Cisterna Magna |
abertura lateral (ou Forame de Luschka) | cuarto ventrículo | espazo subaracnoide / Cisterna da gran vea cerebral |
Cada ventrículo contén un plexo coroide que produce líquido cefalorraquídeo.